Bertrand du Guesclin
Bertrand du Guesclin finado en 1380 en Chateauneuf-de-Rondon, foi un condestable de Francia, heroe da Guerra dos Cen Anos.
Bertrand du Guesclin | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | anos 1320 e 1320 |
Lugar de nacemento | Broons |
Falecemento | 13 de xullo de 1380 |
Lugar de falecemento | Châteauneuf-de-Randon |
Soterrado | Basílica de Saint-Denis e Monument du cœur de Bertrand du Guesclin |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | militar e Cabaleiro |
Cónxuxe | Jeanne de Laval-Tinténiac e Tiphaine Raguenel |
Irmáns | Olivier du Guesclin |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria editar
Viña da baixa nobreza da Bretaña onde tomou parte nas guerras de sucesión dese ducado independente. Loitou contra os ingleses en defensa desta. Resistiu en Rennes os ataques do Duque de Lancaster.
Pasou ao servizo de Carlos IV de Francia e dirixiu aos franceses contra os ingleses caendo varias veces prisioneiro. Nunha ocasión declarou ao xefe das tropas rivais, o Príncipe Negro, que todas as mulleres de Francia estarían dispostas a pagaren o seu rescate aínda que tiveran que fiar as fiandeiras de toda Francia. Experto nunha guerra de desgaste acabou minando as posicións inimigas. En 1364 venceu sobre os anglo-navarros en Cocherel, Normandía. Os seus exércitos eran as temidas e eficaces Compañas Brancas.
Tras a paz de Calais, pasou a Castela para axudar a Henrique de Trastámara contra o lexítimo rei Pedro I o Cruel. A súa intervención foi determinante na decisiva batalla de Montiel onde encontrou a morte este último. A el tamén se lle atribúe a frase: non quito nin poño rei pero axudo ao meu señor, que outros poñen nos beizos do galego conde de Andrade.
Carlos V de Francia nomeouno condestable e, seguindo unha estratexia de evitar grandes batallas decisivas, foi recuperando importantes prazas fortes. Loitou tamén contra o seu ducado natal para colocalo baixo a autoridade do rei de Francia. Faleceu durante o asedio de Châteauneuf-de-Rondon.