Berto Cayarga

futbolista español

Alberto "Berto" Cayarga Fernández, nado en Avilés o 17 de setembro de 1996, é un futbolista español que xoga como extremo no Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.

Berto Cayarga
Información persoal
Nome Alberto Cayarga Fernández
Nacemento 17 de setembro de 1996
Lugar de nacemento Avilés
Altura 1,70 m.
Posición Extremo
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Número 14
Carreira xuvenil
Navarro
2013–2014 Llano 2000
2014–2015 Sporting de Gijón
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2014 Llano 2000 1 (0)
2015–2018 Sporting de Gijón B 62 (11)
2015–2016 Langreo 26 (3)
2018–2020 Racing de Santander 42 (4)
2020–2022 FC Cartagena 79 (6)
2022–2023 Radomiak Radom 18 (0)
2023– Deportivo da Coruña 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 2 de setembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu en Avilés o 17 de setembro de 1996, xunto ao seu irmán xemelgo bivitelino Jorge, e comezou a xogar ao fútbol no colexio El Quirinal, ingresando en idade benxamín nas categorías inferiores do Navarro CF da propia cidade asturiana.[1] Xogou neste club xunto a Jorge ata 2013, cando se incorporou en idade xuvenil ao Llano 2000, chegando a debutar co primeiro equipo na Rexional Preferente. En 2014 fichou polo Sporting de Gijón e en xullo de 2015, tras rematar a súa etapa xuvenil, foi cedido por un ano ao Langreo, da Tercera División.[2]

Ao regresar a Xixón, aceptou un contrato por dous anos e foi destinado ao Sporting B, tamén na cuarta categoría.[3] Na primeira tempada contribuíu ao ascenso do equipo filial á Segunda División B e na seguinte, xa na categoría de bronce, conseguiu a maior cifra anotadora da súa carreira, con 9 goles, axudando o equipo a acadar a promoción de ascenso.

En agosto de 2018 asinou un contrato de dous anos co Racing de Santander, tamén de Segunda B.[4] Foi titular na maioría de partidos do conxunto cántabro, que acabou conseguindo o ascenso á Segunda División.

Debutou na categoría de prata o 17 de agosto de 2019, nunha derrota por 0-1 no Sardinero ante o Málaga.[5] O 31 de xaneiro seguinte, o club rescindiu o seu contrato, e a continuación o xogador asinou por seis meses co FC Cartagena da Segunda B.[6][7]

No equipo de Cartaxena, con Borja Jiménez no banco, Cayarga conseguiu o seu segundo ascenso consecutivo a Segunda. Marcou o seu primeiro gol na categoría o 6 de febreiro de 2021, nunha vitoria por 2-0 ante o Real Oviedo. Xogou dous anos co club murciano en Segunda, sumando un total de 83 partidos e 7 goles co equipo.

Despois duns meses sen equipo, en decembro de 2022 marchou a Polonia, onde fichou polo Radomiak Radom, da Ekstraklasa.[8] Disputou 16 partidos no que restaba de tempada, e iniciou a seguinte tamén no mesmo club, pero pouco despois solicitou a liberación do seu contrato para poder regresar a España.[9] Así, o 24 de agosto de 2023 asinou un contrato de dous anos co Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.[10]

Palmarés editar

Racing de Santander
Cartagena

Notas editar

  1. "El duelo de los Cayarga". La Nueva España (en castelán). 15 de xaneiro de 2024. Consultado o 15 de xaneiro de 2024. 
  2. "Fran y Cayarga, savia joven para el Langreo" (en castelán). 4 de xullo de 2015. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  3. "Cayarga firma por dos años" (en castelán). 23 de xullo de 2016. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  4. "Alberto Cayarga ya conoce La Albericia" (en castelán). 8 de agosto de 2018. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  5. "El Málaga se sobrepone a las bajas y amarga el regreso del Racing". Marca (en castelán). 17 de agosto de 2019. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  6. "El Racing despide a Berto Cayarga" (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  7. "El Cartagena incorpora a Cayarga y defrauda en la 'operación delantero'" (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  8. "Berto Cayarga w Radomiaku!" (en polaco). 3 de xaneiro de 2023. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  9. "Pomocnik odchodzi z Radomiaka Radom. Zagra w Deportivo La Coruna" (en polaco). 23 de agosto de 2023. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  10. "Berto Cayarga, novo xogador do Dépor 2023-24". 24 de agosto de 2023. Consultado o 2 de setembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar