Bernardo Cruz

futbolista español

Bernardo Víctor Cruz Torres, máis coñecido como Bernardo, nado o 17 de xullo de 1993 en Córdoba, é un futbolista profesional español que xoga como defensa central no Alcorcón da Segunda División.

Bernardo
Información persoal
Nome Bernardo Víctor Cruz Torres
Nacemento 17 de xullo de 1993 (30 anos)
Lugar de nacemento Córdoba
Altura 1,90 m
Posición Defensa central
Información de club
Club actual Alcorcón
Carreira xuvenil
Córdoba
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2010–2014 Córdoba B 89 (3)
2011–2015 Córdoba 15 (0)
2014–2015Racing S. (ces.) 14 (0)
2015–2017 Sevilla B 75 (3)
2017–2019 Lugo 40 (1)
2019– Granada 4 (1)
2019–Alcorcón 0 (0)
Na rede
Twitter: bernardo_cruz8 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 16 de agosto de 2018editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Córdoba, Bernardo Cruz formouse nas categorías inferiores do Córdoba Club de Fútbol, principal club da súa cidade natal. Debutou en categoría xuvenil no ano 2010. O 7 de setembro de 2011, sen nin sequera ter debutado antes co Córdoba B, debuta co primeiro equipo nun partido de Copa do Rei nun partido que enfrontaba aos andaluces contra o Real Murcia, saíndo no minuto 68 de partido en substitución de Jaime Astrain.

Na temporada 2012−13, Bernardo asina co Córdoba B, aparecendo nalgunhas ocasións co primeiro equipo. De feito, debuta o 14 de setembro de 2013 na Segunda División ante o Numancia. Ao acabar a temporada consegue o ascenso á Segunda División B. Na seguinte temporada convértese nun habitual do primeiro equipo, xogando até 15 partidos, contribuíndo ao ascenso dos cordobeses á Primeira División. Co equipo en Primeira, ao ano seguinte é cedido ao Racing de Santander de Segunda, onde xoga 16 partidos. Tras acabar a temporada, declina seguir no Córdoba e asina co Sevilla Atlético, onde se converte nun dos piares do equipo. Tras acabar a temporada 2016−17, o 30 de xuño asina co Club Deportivo Lugo por dúas temporadas.[1]

O 9 de xaneiro de 2019, fíxose oficial a súa fichaxe polo Granada CF polo resto da tempada 2018-19 e dúas máis.[2]

Clubs editar

Club Categoría Temporada Partidos Goles
Córdoba B Terceira 2010−2011 4 0
Córdoba B Terceira 2011−2012 29 0
Córdoba B Terceira 2012−2013 38 2
Córdoba B Segunda B 2013−2014 18 1
Córdoba Segunda 2013−2014 15 0
Racing Santander Segunda 2014−2015 16 0
Sevilla B Segunda B 2015−2016 39 2
Sevilla B Segunda 2016−2017 36 1
Lugo Segunda 2017−2018 32 1
Lugo Segunda 2018−2019 8 0
Lugo Segunda 2019 4 1

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar