Benjamin Compaoré

atleta francés

Benjamin Compaoré, nado o 5 de agosto de 1987 en Bar-le-Duc, é un atleta francés especialista na proba de triplo salto.

Benjamin Compaoré
Benjamin Compaoré nos Xogos Olímpicos de 2016
Información persoal
NacionalidadeFrancia Francesa
Nacemento5 de agosto de 1987
Francia Bar-le-Duc, Francia
Altura1,89 m
Peso86 kg
Cónxuxe(s)Ana Peleteiro
Deporte
PaísFrancia
DeporteAtletismo
Triplo salto
ClubCA Montreuil 93
AdestradorJean-Hervé Stievenart
Na rede
Facebook: 100050514668376 Twitter: bencompaore IAAF: 14183986 Olympic.org: benjamin-compaore Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nacido en 1987 en Bar-le-Duc, de pai burkinés e nai lorenesa, Benjamin Compaoré comezou a practicar o atletismo aos dez anos, na ASPTT de Estrasburgo, especializándose en triplo salto contra os quince anos. Alcanzou a marca de 12,20 m en 2002, de 14,50 m en 2003, de 15,48 m en 2004, de 16,00 m en 2005, e de 16,61 m en 2006.[1]

No Campionato Europeo de Atletismo de 2014, celebrado en Zúric, gañou a medalla de ouro en triplo salto, chegando até os 17,46 m, superando aos atletas rusos Lyukman Adams (prata, con 17.09 m) e Aleksey Fyodorov (bronce, con 17,04 m.[2][3]

O 19 de marzo de 2016 Compaoré gañou a súa primeira medalla mundial sénior, ao conseguir a medalla de bronce nos Campionatos do Mundo en pista cuberta en Portland, cun salto de 17,09 m, próximo á súa mellor marca persoal en pista cuberta (17,14 m). Durante esta competición, estableceu tres marcas máis aló dos 17 m (17,00 m - 17,04 m - 17,09 m). Foi precedido polo chinés Dong Bin (17,33 m) e o alemán Max Heß (17,14 m).[4]

O 15 de agosto chegou á final de triplo salto nos Xogos Olímpicos de Río, cun último intento de 16,72 m,[5] pero non puido chegar máis que a 16,54 m na final do día seguinte, ocupando o décimo posto, lonxe do vencedor, o campión olímpico Christian Taylor, con 17,86 m.

O 18 de xullo de 2017, a IAAF seleccionouno para participar no Campionato do Mundo de Londres, grazas ao seu segundo posto no Campionato de Francia de Marsella con 16,94 m. Ao día seguinte, tras esta actuación, revelou que fora operado no nocello esquerdo o 27 de marzo dunha desinserción parcial do tendón de Aquiles o 24 de abril.

O 28 de xullo de 2019 gañou o seu primeiro título nacional ao aire libre en Saint-Étienne e logrou o seu mellor salto desde 2017 con 16,94 m. O 11 de agosto ocupou o terceiro posto na competición de triplo salto no Campionato de Europa por equipos cun salto de 16,67 m,[6] para logo acadar a mínima para o Mundial de Doha na cita de París do 24 de agosto grazas a un triplo salto de 17,05 m.

O 27 de setembro alnzou os 16,59 m, e non logrou a clasificación para o Campionato do Mundo de Doha, describindo esta eliminación como «a maior decepción da súa carreira».[7]

Marcas editar

Marcas persoais
Proba Marca Lugar Data
Triplo salto Ao aire libre 17,48 m Marrakech 14 de setembro de 2014
En pista cuberta 17,14 m Liévin, Francia 14 de febreiro de 2012

Vida persoal editar

O 27 de novembro de 2020, o Tribunal Penal de Créteil condenou a Benjamin Compaoré a unha condena de 6 meses de prisión suspendida por violencia de xénero. O deportista cometera violencias contra a súa cónxuxe entre agosto de 2019 e marzo de 2013.

Desde 2021 é a parella de Ana Peleteiro. En xullo de 2022 Compaoré pediulle de casar a Peleteiro[8].

Notas editar