Benigno Álvarez González

veterinario e político galego

Benigno Álvarez González, nado na vila de Maceda o 11 de marzo de 1900 e finado en Vixueses (Foncuberta, Maceda) o 11 de marzo de 1937, foi veterinario galego e o fundador da organización provincial do PCE en Ourense.

Modelo:BiografíaBenigno Álvarez González

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de marzo de 1900 Editar o valor en Wikidata
Maceda, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de marzo de 1937 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Vixueses, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónveterinario, político Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4793975

Traxectoria

editar

Fillo de Demetrio Álvarez, veterinario, que foi alcalde de Maceda entre 1913 e 1919. Estudou na escola pública de Maceda e trasladouse a Ourense para finalizar a ensinanza primaria. Marchou a Santiago de Compostela para facer o bacharelato e despois a carreira de Veterinaria. Unha vez finalizada en 1920, regresou a Maceda para axudar ao seu pai na clínica.

Durante os anos da República afiliouse ao Partido Comunista de España e acadou funcións políticas de gran transcendencia, con intervencións en vilas e cidades de toda Galiza. A súa orientación nacionalista fíxolle manter unhas boas relacións cos galeguistas daqueles anos, constituíndo unha ligazón entre comunistas e galeguistas.

Asasinato a mans do bando nacional

editar

Dende o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi perseguido ferozmente pola Garda Civil. Foi cando decidiu refuxiarse na serra de San Mamede, onde rematou os seus días horas antes de que o atopasen. Tanto a fuxida como a posterior morte de Benigno Álvarez, espertou un grande interese, até o punto que cando a Garda Civil atopou o seu cadáver o paseou por vilas e aldeas para que a xente vise como lle deran morte a quen chamaban Fiera Comunista.

Unha das prazas da súa vila natal leva o seu nome.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar