Bell 206

(Redirección desde «Bell 206A JetRanger»)

A Bell 206 é unha familia de helicópteros de dúas palas, dun ou dos motores, fabricada por Bell Helicopter na súa planta de Mirabel, Quebec. Foi desenvolvido orixinalmente como o Bell YOH-4 para o programa Light Observation Helicopter do Exército dos Estados Unidos de América, aínda que finalmente non foi escollido. Bell redeseñou a célula e comercializou exitosamente o aparello como o helicóptero de cinco prazas Bell 206A JetRanger. O novo deseño foi finalmente seleccionado polo Exército como o OH-58 Kiowa. Bell tamén desenvolveu o LongRanger de sete prazas, que posteriormente ofreceuse cunha versión de dous motores chamada TwinRanger, mentres que Tridair Helicopters ofrece unha conversión semellante do LongRanger chamada Gemini ST.

Bell 206
Bell 206 da policía dos Ánxeles
Tipohelicóptero utilitario multipropósito
FabricanteBell Helicopter
Primeiro voo8 de decembro de 1962
Introducido1967
Produción1962-presente
Unidades construídas7 300[1]
VariantesBell OH-58 Kiowa

Desenvolvemento

editar

Orixe e JetRanger

editar
 
YOH-4A

O 14 de outubro de 1960 a Armada dos Estados Unidos de América solicitou respostas de 25 fabricantes de aeronaves a unha solicitude de propostas para o Helicóptero de Observación Lixeiro do Exército (LOH en inglés). Bell entrou na competición xunto con outros 12 fabricantes, como Hiller Aircraft e Hughes Tool Co., Aircraft Division.[2] Bell enviou o deseño D-250, que sería designado YHO-4.[3] O 19 de maio de 1961 Bell e Hiller foron anunciados como gañadores da competición de deseño.

Bell desenvolveu o deseño D-250 no helicóptero Bell 206, redesignado YOH-4A en 1962, e fabricou cinco prototipos para a fase de probas e avaliación do Exército. O primeiro prototipo voou o 8 de decembro de 1962.[4] O YOH-4A tamén chegou a ser coñecido como "The Ugly Duckling" (O parrulo feo) en comparación cos outros aparellos do concurso.[4] Tras un avance dos prototipos de Bell, Hughes e Fairchild-Hiller, o Hughes OH-6 foi escollido en maio de 1965.[5]

Cando o YOH-4A foi eliminado polo Exército, Bell resolveu o problema de comercializar o aparello. Ademais do problema de imaxe, o helicóptero non tiña espazo de carga e só proporcionaba un aloxamento reducido para os tres pasaxeiros planeados. A solución pasou por unha fuselaxe redeseñada, máis elegante e esteticamente atractiva, engadindo 0,45 m³ de espazo para carga no proceso.[6] Un executivo de Bell axudou a ese redeseño debuxando nun bosquexo dúas liñas que estendían a fuselaxe ata onde se atopaba coa cola. O redeseño foi designado Bell 206A, e o presidente da compañía President Edwin J. Ducayet chamouno JetRanger, que denota unha evolución do polular Model 47J Ranger.

LongRanger

editar

O 206L LongRanger é unha variante estendida con asentos para sete ocupantes. A fuselaxe, alongada 76 cm, engade dous asentos mirando cara a atrás entre as outras ringleiras. Dende 1975 Bell fabricou máis de 1 700 LongRanger de todos os tipos. En 1981 apareceu unha versión militar, o 206L TexasRanger. O 206L orixinal usaba un motor Allison 250-C20B, e unha serie de modelos mellorados incorporaron o motor en versións máis potentes; o 206L-1 usaba un 250-C28, e os 206L-3 e 206L-4 utilizaban o 250-C30P.

En 2007 Bell anunciou un programa de mellora para os 206L-1 e 206L-3 para modificar a aeronave para a configuración 206L-4; os avións modificados desígnanse 206L-1+ e 206L-3+. Entre as modificacións inclúese compoñentes estruturais da fuselaxe reforzados (incluída unha nova pluma de cola), unha transmisión mellorada e motor acualizado á versión L-1. Todas estas melloras incrementaron o peso máximo do aparello unhas 300 libras e aumentaron o seu rendemento.

O 24 de xaneiro de 2008 Bell Helicopter anunciou plans para remata a produción da versión Bell 206B-3 despois de que se cumprisen os compromisos presentes en 2010.[7] Porén, a fabricación do 206L-4 continuaba adiante no ano 2018.

Gemini ST e TwinRanger

editar

O nome TwinRanger data de mediados dos anos 80 cando Bell desenvolveu o Bell 400 TwinRanger, pero nunca entrou en produción.[8]

En 1989 Tridair Helicopters comezou a desenvolver unha conversión con dous motores do LongRanger, o Gemini ST. O primeiro voo do prototipo tivo lugar o 16 de xaneiro de 1991 e a certificación da FAA chegou no mes de novembro. A súa certificación cobre a conversión dos LongRanger 206L-1, L-3 e L-4 á configuración Gemini ST.[8] A mediados de 1994 o Gemini ST foi certificado como o primeiro aparello Single/Twin, permitíndolle operar cun motor ou dous en todas as fases do voo.[8]

O Bell 206LT TwinRanger foi un novo modelo de produción equivalente ao Gemini ST de Tridair e estaba baseado 206L-4. Fabricáronse 13 206LT, o primeiro deles entregado en xaneiro de 1994 e o derradeiro en 1997. O TwinRanger foi substituído polo novo Bell 427,[8] mentres que Bell pretende que o Bell 505 Jet Ranger X para substituír as versións dun só motor do 206 dende o 2015 e competir co Robinson R66.[9]

Variantes

editar

Civís

editar
 
Bell 206B Jet Ranger III
Bell 206
Cinco prototipos YOH-4A para avaliación de voo no programa LOH do exército estadounidense (1963).
Bell 206A
Versión inicial de produción impulsada por un motor turboeixo Allison 250-C18. Certificado pola FAA en 1966. Seleccionado como o OH-58A Kiowa en 1968.
Agusta-Bell 206A
Modelo fabricado baixo licenza en Italia.
Bell 206A-1
OH-58A modificado para a certificación civil da FAA.[10]
Agusta-Bell 206A-1
Fabricado baixo licenza en Italia.
Bell 206B
Motor Allison 250-C20 mellorado.[11]
Agusta-Bell 206B
Fabricado baixo licenza en Italia.
Bell 206B-2
Modelos Bell 206B actualizados con melloras do Bell 206B-3.[11]
 
Cola dun Bell 206B JetRanger
Bell 206B-3
Motor Allison 250-C20J mellorado e 51 mm máis de diámetro no rotor principal.[11]
Bell 206L LongRanger
Versión alongada con configuración de sete asentos impulsada por un motor turboeixo Allison 250-C20B.
Bell 206L-1 LongRanger II
Versión con máis potencia cun turboeixo Allison 250-C28.
Bell 206L-1+ LongRanger
Modificacións de Bell, incluíndo o motor 250-C30P, para actualizar a aeronave á configuración 206L-4.
Bell 206L-3 LongRanger III
Equipado cun motor turboeixo 250-C30P.
Bell 206L-3+ LongRanger
Modificacións de Bell para actualizar a aeronave á configuración 206L-4.
Bell 206L-4 LongRanger IV
Versión mellorada, con motor 250-C30P e transmisión actualizada.
Bell 206LT TwinRanger
Conversións con dous motores e novas construcións do 206L; substituído polo Bell 427.
Bell 407
Baseado no 206L con catro pas no rotor principal.
Bell 417
407 actualizado cun maior motor. O proxecto foi cancelado.
Cardoen Cb 206L-III
Modificación chilena do LongRanger III con fuselaxe dianteira estreita e fiestras planas de cabina. Convertéronse polo menos dous aparellos, voando por primenra vez en 1989.[12]
HESA Shahed 278
Refrito iraniano de compoñentes de Bell 206.
Plataforma de probas do Tactical Autonomous Aerial Logistics System de Aurora Flight Sciences

Militares

editar
Bell 206AS
Versión de exportación para a Armada de Chile.
Bell CH-139 JetRanger
Designación militar canadense para o Bell 206B-3.
Hkp 6A
Designación do exército sueco para o Agusta-Bell 206A. 21 unidades fabricadas en Italia e usadas como helicópteros de adestramento, ligazón, transporte lixeiro, exploración e anti-carro armado con ATGMs.[13]
Hkp 6B
Designación da armada sueca para o Agusta-Bell 206A. 10 unidades fabricadas en Italia e usadas como helicópterios anti-submarinos equipados con cargas de profundidade. Esta variante estaba equipada con flotadores inchables de emerxencia.[13]
OH-58 Kiowa
Helicóptero de observación lixeiro que substituíu ao OH-6A Cayuse.
TH-57A Sea Ranger
40 Bell 206A comeciais mercados como principal helicóptero de adestramento da Armada dos Estados Unidos en xaneiro de 1968 para adestrar a posibles pilotos da Armada, os Marines a Garda Costeira e para seleccionar pilotos de helicópteros para a OTAN.[14]
206L TexasRanger
Versión militar de exportación proposta. Construíuse un demostrador en 1981.
TH-57B
45 Bell 206B-3 comerciais mercados pola Armada estadounidense en 1989 como substitutos para os TH-57A para adestramento primario baixo regras de voo visuais.
TH-57C Sea Ranger
71 Bell 206B-3 comerciais mercados pola Armada estadounidense con cabinas configuradas para adestramento avanzado baixo condicións de voo instrumentais.
TH-57D
Programa de actualización planificado para converter os avións TH-57B e TH-57C da Armada dos Estados Unidos nunha única cabina dixital estándar. Este programa nunca se materializou en aeronaves operativas.
TH-67 Creek
137 Bell 206B-3 comerciais mercados en 1993 como adestrador de helicópteros primario e instrumantal para o Exército dos Estados Unidos en Fort Novosel, Alabama. 35 en configuración VFR e 102 en configuración IFR. O TH-67 sería retirado como adestrador a principios de 2021, sendo substituído nesta tarefa polo UH-72 Lakota, despois de adestrar a máis de 25 000 pilotos.[15]
  1. "Bell 206 JetRanger". Global Security. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  2. "The Cessna CH-1 Helicopter". CollectAir. Archived from the original on 21 de xuño de 2009. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  3. "U.S Army Aircraft Acquisition Programs". Uncommon Aircraft 2006. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2006. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "Bell 206 JetRanger". 1000AircraftPhotos.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2018. Consultado o 29 de outubro de 2018. 
  5. Spenser, Jay P. (1998). "Bell Helicopter". Whirlybirds, A History of the US Helicopter Pioneers. University of Washington Press. p. 263. ISBN 0-295-98058-3. 
  6. "The Introduction to the JetRanger" (PDF). Rotor Magazine. Archived from the original on 10 de setembro de 2008. Consultado o 29 de outubro de 2018. 
  7. "Bell Streamlines Product Line to Better Align with Customer Demands". Bell Helicopter. Archived from the original on 30 de decembro de 2010. Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Frawley, Gerard (2003). The International Directory of Civil Aircraft, 2003-200. Aerospace Publications Pty Ltd. pp. 43. ISBN 1-875671-58-7. 
  9. "Bell gives 505 JetRanger X update". Vertical. Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  10. "Type certificate data sheet no. H2SW" (PDF). FAA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de maio de 2017. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  11. 11,0 11,1 11,2 "Bell 206: Still Ringing True". Aviation Today. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2006. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  12. Lambert 1991, p. 30
  13. 13,0 13,1 "HKP 6 - Agusta Bell 206A JetRanger (1968-2004)". avrosys.nu. Consultado o 9 de abril de 2024. 
  14. "TH-57". U.S. Navy History.
  15. "Farewell to TH-67 Creek". helis.com. Consultado o 9 de abril de 2024.