O Robinson R66 é un helicóptero deseñado e construído por Robinson Helicopter Company. Ten cinco asentos, un compartimento de carga separado e está impulsado por un motor turboeixo Rolls-Royce RR300. O R66 é lixeiramente máis rápido e máis tranquilo que o Robinson R44, do cal deriva. O R66 recibiu tanto o certificado de tipo como o de produción da Federal Aviation Administration (FAA) o 25 de outubro de 2010.[3]

Robinson R66
R66
Tipohelicóptero utilitario lixeiro
FabricanteRobinson Helicopter Company
Deseñado porFrank D. Robinson
Primeiro voo7 de novembro de 2007[1]
Produción2007-presente
Unidades construídas763 en xaneiro de 2017[2]

Desenvolvemento editar

Anunciado en 2007 o R66 foi deseñado para ser o primeiro produto da compañía impulsado por unha turbina e para ampliar o seu rango de helicópteros e poder competir con fabricantes máis grandes como Bell Helicopter e Eurocopter. A meirande parte do deseño do R66 está baseado no anterior R44 con motor de pistón.

Robinson comezou a recoller pedidos para R66 en febreiro de 2010. Ese ano iniciouse a produción preliminar e en 2011 a fabricación a grande escala. Os modelos existentes R22 e R44 continúan en produción.[4]

Unha versión de policía de catro asentos do R66 entrou en produción cun sistema de cámara infravermella de barrido frontal (FLIR), reflector, e altofalantes externos como equipamento stándar.[5]

En 2012 Robinson entregou 191 R66 mentres os seus competidores no sector dos helicópteros de turbina simple lixeiros entregaron 40 unidades. Ao redor do 70% da produción de R66 expórtase.[6] En 2014 o ritmo de produción baixou a uns dous R66 por semana,[7] fabricándose un total de 101 ese ano.[8] En 2015 Robinson fabricou tres R66 por semana. A compañía asinou un contrato con Rolls-Royce para que lle proporcionase 100 turbinas RR300 anualmente durante un período de dez anos.[9]

Rusia certificou o R66 en marzo de 2013[10] e o Canadá no mes de xuño do mesmo ano.[11] As certificacións da EASA europea e da CAAC chinesa chegaron no segundo cuarto de 2014.[12][13]

O R66 Turbine Marine con flotadores foi certificado pola FAA en novembro de 2014. Un xornalista piloto decribiu unha aterraxe en terra con el como "mellor que o R66 stándar". Os flotadores non poden equiparse nun R66 stándar.[14]

Un gancho de carga foi aprobado na Unión Europea e nos Estados Unidos no ano 2015. En decembro dese ano Robinson anunciou que vendera 700 R66.[15]

O 25 de xaneiro de 2017 Robinson anunciou que entregara o seu helicóptero número 12 000, un R66 ao turoperador Fly Karoo Air Services.[16] O 13 de xullo dese ano a compañía anunciou a certificación do R66 Turbine Newscopter (R66 ENG).[17]

O 17 de xullo de 2017 Robinson introduciu a batería de fosfato de iones de litio TB17 como equipamento adicional. A batería pesa 16 libras, sendo máis lixeira que a anterior batería stándar de 42 lb e a de alta capacidade de 52 lb.[18]

Notas editar

  1. "Aircraft Comparative Analysis - Robinson R66". AvBuyer. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  2. "Robinson Helicopter Company Delivers 12,000th Helicopter". Robinson Helicopter Company. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  3. "R66 Receives Simultaneous FAA Type, Production OK". AINonline. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  4. "R66 Robinson Approaches". Flying Magazine (en inglés). Consultado o 2018-11-22. 
  5. "FAA Certifies R66 Police Helicopter" (PDF). Robinson. Consultado o 2018-11-22. 
  6. "Bell Reveals more on ‘short light single’". Aviation International News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2017. Consultado o 2018-11-22. 
  7. "HeliHub.com R66 production slows, pushing lead time to six months". helihub.com (en inglés). Consultado o 2018-11-22. 
  8. "2016 General Aviation Statistical Databook & 2017 Industry Outlook" (PDF). General Aviation Manufacturers Association. Consultado o 2018-11-22. 
  9. "Robinson Boosts Production as Sales Surge, Strikes Deal for 1,000 Rolls-Royce Turboshafts". Aviation International News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2018. Consultado o 2018-11-22. 
  10. "Russia Certifies Robinson R66 - Rotor & Wing International". Rotor & Wing International (en inglés). 2013-03-28. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2018. Consultado o 2018-11-22. 
  11. "Robinson Scores R66 Type Certificate from Transport Canada - Rotor & Wing International". Rotor & Wing International (en inglés). 2013-06-03. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2018. Consultado o 2018-11-22. 
  12. "Robinson R66 receives EASA certification - Vertical Magazine". Vertical Magazine (en inglés). Consultado o 2018-11-22. 
  13. "China certifies Robinson R66 - Vertical Magazine". Vertical Magazine (en inglés). Consultado o 2018-11-22. 
  14. "Robinson unveils R66 Turbine Marine - Vertical Magazine". Vertical Magazine (en inglés). Consultado o 2018-11-22. 
  15. "Robinson to Deliver 700th R66 Helicopter - Robinson Helicopter Company". robinsonheli.com (en inglés). Consultado o 2018-11-22. 
  16. "Robinson Helicopter Company Delivers 12,000th Helicopter - Robinson Helicopter Company". robinsonheli.com (en inglés). Consultado o 2018-11-22. 
  17. "FAA Certifies Robinson R66 Turbine Newscopter.". robinsonheli.com (en inglés). Consultado o 2018-11-22. 
  18. "Lithium-ion Battery Now Available for Robinso R66". robinsonheli.com (en inglés). Consultado o 2018-11-22.