Eurocopter UH-72 Lakota

O Eurocopter UH-72 Lakota (no presente Airbus Helicopters) é un helicóptero bimotor cun rotor principal de catro palas. O UH-72 é unha versión militarizada do Eurocopter EC145 e foi fabricado por American Eurocopter (no presente Airbus Helicopters, Inc.), unha división do Airbus Group, Inc. Inicialmente comercializado como UH-145, o helicóptero foi seleccionado como gañador do programa Light Utility Helicopter (LUH) do Exército dos Estados Unidos o 30 de xuño de 2006. No mes de outubro dese ano American Eurocopter foi premiada cun contrato de produción de 345 aparellos para substituír os vellos UH-1H/V e OH-58A/C no Exército e na Garda Nacional estadounidenses. Realiza misións de loxística e de apoio, de seguridade nacional, misións de resposta en desastres e evacuacións médicas.

Eurocopter UH-72 Lakota
Tipohelicóptero utilitario lixeiro militar
Primeiro voo2006
Introducido2007
Produción2006-presente
Unidades construídas400[1]

Desenvolvemento editar

Antecedentes editar

O programa LHX do Exército dos Estados Unidos comezou a principios dos anos 80, propoñendo dous deseños de helicópteros cunha elevada porcentaxe de compoñentes dinámicos. Un foi unha versión utilitaria lixeira ("LHX-U") para asalto e movemento táctico de tropas e subministracións, e o outro era unha versión lixeira de ataque/observación ("LHX-SCAT") para complementar o desenvolvemento do AH-64 Apache. A medida que se desenvolvía o programa, a versión utilitaria foi descartada e os esforzos centráronse na de ataque e recoñecemento,[2] que finalmente converteuse no RAH-66 Comanche.[3]

En 2004 o Departamento de Defensa e o Exército estadounidense tomaron a decisión de rematar o programa RAH-66. Como parte da finalización, o Exército mantivo o financiamento dos seguintes anos para o Comanche. Para substituír a capacidade do cancelado Comanche o Exército planeou varios programas, incluídos tres novas aeronaves. O Estado Maior dicidíu que eses tres aparellos, O Helicópteo de Recoñecemento Armado (ARH), o Helicóptero Utilitario Lixeiro (LUH), e a Futura Aeronave de Carga, deberían ser modelos que xa existisen, estivesen en fabricación comercial e puidesen modificarse para o servizo no Exército.

Programa LUH e UH-145 editar

O programa LUH iniciouse a comezos de 2004 cun requirimento inicial para 332 helicópteros que realizasen misións de seguridade, administrativas, lóxística, evacuación médica e apoio nos centros de probas e adestramento do Exército. O contrato LUH publicouse en xullo de 2005. Recibíronse polo menos cinco propostas, incluídos os Bell 210 e 412, o MD Explorer, e o AW139. EADS North America (EADS NA) comercializou a variante UH-145 do EC145 para o programa. O 30 de xuño de 2006 o Exército dos Estados Unidos anunciou que o UH-145 gañara o contrato gañador por 3 000 millóns de dólares do programa LUH. No mes de agosto o UH-145 foi designado oficialmente UH-72A polo Departamento de Defensa. O gañador foi confirmado no mes de outubro despois das propostas dos outros participantes. A pesar dun atraso de catro meses debido ás protestas o primeiro UH-72 entregouse a tempo en decembro, cando se anunciou oficialmente o nome Lakota para o tipo seguindo a tradición de darlle nomes de indios americanos aos seus helicópteros.

O 23 de agosto de 2007 o UH-72A recibiu a aprobación de produción a grande escala para fabricar unha frota inicial de 345 aparellos ata 2017.[4] O UH-72A fabrícase nas instalacións de Airbus Helicopters en Columbus, Mississippi; a produción pasou da montaxe local de kits recibidos dende Eurocopter Deutschland á produción completa local en 2009.[5] En decembro dese ano pedíronse 45 aparellos máis.[6] O Lakota número 100 foi entregado en marzo de 2010, e o 250 entregouse en abril de 2013. Ese mes o Exército optou por deter os contratos posteriores a 2014 debido a recortes no presuposto;[7] nese momento estaban pedidos un total de 312 Lakota.[8] En xaneiro de 2014 o Congreso deulle ao Exército 171 millóns adicionais para obter 20 UH-72A adicionais.[9] O 300 UH-72 foi entregado ao Exército en maio de 2014.

En maio de 2013 o Congreso cuestionou porque o UH-72 non fora considerado para o rol de observador armado. O Xefe do Estado do Exército, o xeneral Ray Odierno, dixo que o UH-72A desenvolvérase para operacións domésticas e non estaba previsto despregalo en zonas de combate. O UH-72 é empregado pola Garda Nacional como helicóptero utilitario nos Estados Unidos, liberando aos UH-60 Black Hawk para ser despregados no estranxeiro.[10] O 21 de xuño de 2013, o Secretario de Defensa para Adquisición, Tecnoloxía e Loxística Frank Kendallstated declarou nunha carta ao Congreso que as modificacións de combate do UH-72 eran "actualmente imposibles". As modificacións de combate a toda a frota custarían 780 millóns de dólares e engadirían 351 kg de peso a cada helicóptero; os cambios incluirían sistemas de supervivencia activa e pasiva, motores e transmisión máis duros, iluminación externa e melloras na comunicación.

Uso como adestrador editar

En decembro de 2013 o Exército estadounidense estaba considerando retirar a súa frota de OH-58 Kiowa e transferir todos os AH-64 Apache da Garda Nacional e da Reserva ao Exército para servir como helicópteros de exploración. Con este plan os 100 UH-72 activos do Exército, cunto cos 104 da Garda Nacional, serían transferidos para usarse como helicópteros de adestramento, substituíndo ao TH-67 Creek no Centro de Excelencia de Aviación do Exército dos Estados Unidos en Fort Rucker, Alabama. Algúns UH-60 Black Hawk activos do Exécito serían transferidos a unidades da Reserva e da Garda Nacional para a defensa nos Estados Unidos e misións de resposta a desastres. As propostas pretendían retirar os helicópteros máis antigos para reducir custos mantendo as capacidades cruciais.[11] Coa perspectiva de que a meirande parte dos UH-72 sexan reutilizados como helicópteros de adestramento, o Exército solicitou fondos para mercar 100 Lakota máis para engadir á frota de adestramento. O rozamento do 2015 abarcaría 55 helicópteros, e o do 2016 completaría a compra.

O 4 de setembro de 2014 o Exército publicou un aviso de intención de compra de ata 155 EC145/UH-72 como plataforma de adestramento "sobre unha base competitiva completa e aberta". AgustaWestland lanzou unha oferta xudicial para que a compra se declarase ilegal, alegando nunha audiencia que o EC145 non era a mellor opción por eses cartos e que a "súa envolvente de voo restrinxida" impedía o seu uso como adestrador. Airbus defendeu a postura do Exército, destacando a selección previa do EC145, afirmando que os datos de AgustaWestland sobre os custos do EC145 eran esaxerados, e que xa estaba en uso como adestrador.[12] Bell Helicopter tamén criticou a decisión, pero non tomou accións legais. O 14 de outubro de 2014, Un Tribunal Federal de Reclamacións emitiu unha orde temporal negando o desafío do goberno estadounidense á acción de AgustaWestland ata que o Exército emitise unha xustificación e aprobación final á fonte única da adquisición. O Army sostivo que o UH-72A enmárcase no contrato do LUH de 2006, e que polo tanto non requiría unha nova xustificación e aprobación final, anulando efectivamente o desafío xudicial.[13] O tribunal púxose do lado de AugustaWestland, rexeitando a xustificación do Exército, e detivo a compra do UH-72 para adestramento despois de atopar que o Exército esaxerara os custos e o tempo requirido para a adquisición dun helicóptero de adestramento. Tamén descubriron neglixencia no proceso inicial de adquisición do UH-72. O tribunal ordenou ao Exército que realizase contratacións para novos helicópteros de adestramento ou que deixase de mercar UH-72. O Exército está apelando a decisión.[14][15]

O UH-72 demostrou ser controvertido como adestrador debido a problemas percibidos ao usar o aparello como adestrador inicial. Un estudo realizado pola Comisión Nacional do Futuro do Exército, unha comisión creada polo Congreso para facer recomendacións sobre a estrutura de forza do Exército ao presidente, concluíu que o UH-72 tiña un custo prohibitivo como helicóptero de adestramento, e había opcións máis baratas dispoñibles para a compra. Ademais, tamén demostrou que a maioría dos pilotos instrutores desaprobaron o uso do UH-72, considerándoo "demasiada aeronave para a misión" e inadecuado como adestrador inicial.

Notas editar

  1. "Airbus Helicopters delivers 400th UH-72A Lakota to U.S. Army". Airbus. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  2. "US Army sets new LHX timetable". Flight International. Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  3. "From LHX to Comanche". Global Security. Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  4. "The UH-72A “comes home” to its new Army assignment in Mississippi". Airbus Group. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2018. Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  5. "EADS underscores commitment to U.S. production". Reuters. Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  6. "EADS North America receives $247 million contract for Light Utility Helicopter program". Airbus Group. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2018. Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  7. "U.S. Army Trimming Light Utility Helicopter Program". aviationweek.com. Consultado o 2022-03-07. 
  8. "The Last Of The Lakotas". Strategy Page. Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  9. "US Army to acquire 20 more Lakotas". FlightGlobal. Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  10. "Army Defends GCV, Keeps Lakota Stateside". Military.com. Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  11. "Army Plans To Scrap Kiowa Helo Fleet". Marine Corps Times. Archived from the original on 14 de decembro de 2013. Consultado o 12 de novembro de 2018. 
  12. "Rotorcraft rivals trade blows over US Army trainer buy". FlightGlobal. Consultado o 12 de novembro de 2018. 
  13. "Army Moves Ahead with Airbus Trainer Plan". AINonline. Consultado o 12 de novembro de 2018. 
  14. "Army Appeals Court Decision To Stop Lakota Helo Buy". Defense News. Consultado o 12 de novembro de 2018. 
  15. "U.S. Army Hopes For Decision On Lakota Appeal By Fall". Aviation Week. Consultado o 12 de novembro de 2018.