Bell 206
A Bell 206 é unha familia de helicópteros de dúas palas, dun ou dos motores, fabricada por Bell Helicopter na súa planta de Mirabel, Quebec. Foi desenvolvido orixinalmente como o Bell YOH-4 para o programa Light Observation Helicopter do Exército dos Estados Unidos de América, aínda que finalmente non foi escollido. Bell redeseñou a célula e comercializou exitosamente o aparello como o helicóptero de cinco prazas Bell 206A JetRanger. O novo deseño foi finalmente seleccionado polo Exército como o OH-58 Kiowa. Bell tamén desenvolveu o LongRanger de sete prazas, que posteriormente ofreceuse cunha versión de dous motores chamada TwinRanger, mentres que Tridair Helicopters ofrece unha conversión semellante do LongRanger chamada Gemini ST.
Bell 206 | |
---|---|
Bell 206 da policía dos Ánxeles | |
Tipo | helicóptero utilitario multipropósito |
Fabricante | Bell Helicopter |
Primeiro voo | 8 de decembro de 1962 |
Introducido | 1967 |
Produción | 1962-presente |
Unidades construídas | 7 300[1] |
Variantes | Bell OH-58 Kiowa |
Desenvolvemento
editarOrixe e JetRanger
editarO 14 de outubro de 1960 a Armada dos Estados Unidos de América solicitou respostas de 25 fabricantes de aeronaves a unha solicitude de propostas para o Helicóptero de Observación Lixeiro do Exército (LOH en inglés). Bell entrou na competición xunto con outros 12 fabricantes, como Hiller Aircraft e Hughes Tool Co., Aircraft Division.[2] Bell enviou o deseño D-250, que sería designado YHO-4.[3] O 19 de maio de 1961 Bell e Hiller foron anunciados como gañadores da competición de deseño.
Bell desenvolveu o deseño D-250 no helicóptero Bell 206, redesignado YOH-4A en 1962, e fabricou cinco prototipos para a fase de probas e avaliación do Exército. O primeiro prototipo voou o 8 de decembro de 1962.[4] O YOH-4A tamén chegou a ser coñecido como "The Ugly Duckling" (O parrulo feo) en comparación cos outros aparellos do concurso.[4] Tras un avance dos prototipos de Bell, Hughes e Fairchild-Hiller, o Hughes OH-6 foi escollido en maio de 1965.[5]
Cando o YOH-4A foi eliminado polo Exército, Bell resolveu o problema de comercializar o aparello. Ademais do problema de imaxe, o helicóptero non tiña espazo de carga e só proporcionaba un aloxamento reducido para os tres pasaxeiros planeados. A solución pasou por unha fuselaxe redeseñada, máis elegante e esteticamente atractiva, engadindo 0,45 m³ de espazo para carga no proceso.[6] Un executivo de Bell axudou a ese redeseño debuxando nun bosquexo dúas liñas que estendían a fuselaxe ata onde se atopaba coa cola. O redeseño foi designado Bell 206A, e o presidente da compañía President Edwin J. Ducayet chamouno JetRanger, que denota unha evolución do polular Model 47J Ranger.
LongRanger
editarO 206L LongRanger é unha variante estendida con asentos para sete ocupantes. A fuselaxe, alongada 76 cm, engade dous asentos mirando cara a atrás entre as outras ringleiras. Dende 1975 Bell fabricou máis de 1 700 LongRanger de todos os tipos. En 1981 apareceu unha versión militar, o 206L TexasRanger. O 206L orixinal usaba un motor Allison 250-C20B, e unha serie de modelos mellorados incorporaron o motor en versións máis potentes; o 206L-1 usaba un 250-C28, e os 206L-3 e 206L-4 utilizaban o 250-C30P.
En 2007 Bell anunciou un programa de mellora para os 206L-1 e 206L-3 para modificar a aeronave para a configuración 206L-4; os avións modificados desígnanse 206L-1+ e 206L-3+. Entre as modificacións inclúese compoñentes estruturais da fuselaxe reforzados (incluída unha nova pluma de cola), unha transmisión mellorada e motor acualizado á versión L-1. Todas estas melloras incrementaron o peso máximo do aparello unhas 300 libras e aumentaron o seu rendemento.
O 24 de xaneiro de 2008 Bell Helicopter anunciou plans para remata a produción da versión Bell 206B-3 despois de que se cumprisen os compromisos presentes en 2010.[7] Porén, a fabricación do 206L-4 continuaba adiante no ano 2018.
Gemini ST e TwinRanger
editarO nome TwinRanger data de mediados dos anos 80 cando Bell desenvolveu o Bell 400 TwinRanger, pero nunca entrou en produción.[8]
En 1989 Tridair Helicopters comezou a desenvolver unha conversión con dous motores do LongRanger, o Gemini ST. O primeiro voo do prototipo tivo lugar o 16 de xaneiro de 1991 e a certificación da FAA chegou no mes de novembro. A súa certificación cobre a conversión dos LongRanger 206L-1, L-3 e L-4 á configuración Gemini ST.[8] A mediados de 1994 o Gemini ST foi certificado como o primeiro aparello Single/Twin, permitíndolle operar cun motor ou dous en todas as fases do voo.[8]
O Bell 206LT TwinRanger foi un novo modelo de produción equivalente ao Gemini ST de Tridair e estaba baseado 206L-4. Fabricáronse 13 206LT, o primeiro deles entregado en xaneiro de 1994 e o derradeiro en 1997. O TwinRanger foi substituído polo novo Bell 427,[8] mentres que Bell pretende que o Bell 505 Jet Ranger X para substituír as versións dun só motor do 206 dende o 2015 e competir co Robinson R66.[9]
Variantes
editarCivís
editar- Bell 206
- Cinco prototipos YOH-4A para avaliación de voo no programa LOH do exército estadounidense (1963).
- Bell 206A
- Versión inicial de produción impulsada por un motor turboeixo Allison 250-C18. Certificado pola FAA en 1966. Seleccionado como o OH-58A Kiowa en 1968.
- Agusta-Bell 206A
- Modelo fabricado baixo licenza en Italia.
- Bell 206A-1
- OH-58A modificado para a certificación civil da FAA.[10]
- Agusta-Bell 206A-1
- Fabricado baixo licenza en Italia.
- Bell 206B
- Motor Allison 250-C20 mellorado.[11]
- Agusta-Bell 206B
- Fabricado baixo licenza en Italia.
- Bell 206B-2
- Modelos Bell 206B actualizados con melloras do Bell 206B-3.[11]
- Bell 206B-3
- Motor Allison 250-C20J mellorado e 51 mm máis de diámetro no rotor principal.[11]
- Bell 206L LongRanger
- Versión alongada con configuración de sete asentos impulsada por un motor turboeixo Allison 250-C20B.
- Bell 206L-1 LongRanger II
- Versión con máis potencia cun turboeixo Allison 250-C28.
- Bell 206L-1+ LongRanger
- Modificacións de Bell, incluíndo o motor 250-C30P, para actualizar a aeronave á configuración 206L-4.
- Bell 206L-3 LongRanger III
- Equipado cun motor turboeixo 250-C30P.
- Bell 206L-3+ LongRanger
- Modificacións de Bell para actualizar a aeronave á configuración 206L-4.
- Bell 206L-4 LongRanger IV
- Versión mellorada, con motor 250-C30P e transmisión actualizada.
- Bell 206LT TwinRanger
- Conversións con dous motores e novas construcións do 206L; substituído polo Bell 427.
- Bell 407
- Baseado no 206L con catro pas no rotor principal.
- Bell 417
- 407 actualizado cun maior motor. O proxecto foi cancelado.
- Cardoen Cb 206L-III
- Modificación chilena do LongRanger III con fuselaxe dianteira estreita e fiestras planas de cabina. Convertéronse polo menos dous aparellos, voando por primenra vez en 1989.[12]
- HESA Shahed 278
- Refrito iraniano de compoñentes de Bell 206.
- Plataforma de probas do Tactical Autonomous Aerial Logistics System de Aurora Flight Sciences
Militares
editar- Bell 206AS
- Versión de exportación para a Armada de Chile.
- Bell CH-139 JetRanger
- Designación militar canadense para o Bell 206B-3.
- Hkp 6A
- Designación do exército sueco para o Agusta-Bell 206A. 21 unidades fabricadas en Italia e usadas como helicópteros de adestramento, ligazón, transporte lixeiro, exploración e anti-carro armado con ATGMs.[13]
- Hkp 6B
- Designación da armada sueca para o Agusta-Bell 206A. 10 unidades fabricadas en Italia e usadas como helicópterios anti-submarinos equipados con cargas de profundidade. Esta variante estaba equipada con flotadores inchables de emerxencia.[13]
- OH-58 Kiowa
- Helicóptero de observación lixeiro que substituíu ao OH-6A Cayuse.
- TH-57A Sea Ranger
- 40 Bell 206A comeciais mercados como principal helicóptero de adestramento da Armada dos Estados Unidos en xaneiro de 1968 para adestrar a posibles pilotos da Armada, os Marines a Garda Costeira e para seleccionar pilotos de helicópteros para a OTAN.[14]
- 206L TexasRanger
- Versión militar de exportación proposta. Construíuse un demostrador en 1981.
- TH-57B
- 45 Bell 206B-3 comerciais mercados pola Armada estadounidense en 1989 como substitutos para os TH-57A para adestramento primario baixo regras de voo visuais.
- TH-57C Sea Ranger
- 71 Bell 206B-3 comerciais mercados pola Armada estadounidense con cabinas configuradas para adestramento avanzado baixo condicións de voo instrumentais.
- TH-57D
- Programa de actualización planificado para converter os avións TH-57B e TH-57C da Armada dos Estados Unidos nunha única cabina dixital estándar. Este programa nunca se materializou en aeronaves operativas.
- TH-67 Creek
- 137 Bell 206B-3 comerciais mercados en 1993 como adestrador de helicópteros primario e instrumantal para o Exército dos Estados Unidos en Fort Novosel, Alabama. 35 en configuración VFR e 102 en configuración IFR. O TH-67 sería retirado como adestrador a principios de 2021, sendo substituído nesta tarefa polo UH-72 Lakota, despois de adestrar a máis de 25 000 pilotos.[15]
Notas
editar- ↑ "Bell 206 JetRanger". Global Security. Consultado o 23 de outubro de 2018.
- ↑ "The Cessna CH-1 Helicopter". CollectAir. Archived from the original on 21 de xuño de 2009. Consultado o 23 de outubro de 2018.
- ↑ "U.S Army Aircraft Acquisition Programs". Uncommon Aircraft 2006. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2006. Consultado o 23 de outubro de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 "Bell 206 JetRanger". 1000AircraftPhotos.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2018. Consultado o 29 de outubro de 2018.
- ↑ Spenser, Jay P. (1998). "Bell Helicopter". Whirlybirds, A History of the US Helicopter Pioneers. University of Washington Press. p. 263. ISBN 0-295-98058-3.
- ↑ "The Introduction to the JetRanger" (PDF). Rotor Magazine. Archived from the original on 10 de setembro de 2008. Consultado o 29 de outubro de 2018.
- ↑ "Bell Streamlines Product Line to Better Align with Customer Demands". Bell Helicopter. Archived from the original on 30 de decembro de 2010. Consultado o 30 de outubro de 2018.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 Frawley, Gerard (2003). The International Directory of Civil Aircraft, 2003-200. Aerospace Publications Pty Ltd. pp. 43. ISBN 1-875671-58-7.
- ↑ "Bell gives 505 JetRanger X update". Vertical. Consultado o 30 de outubro de 2018.
- ↑ "Type certificate data sheet no. H2SW" (PDF). FAA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de maio de 2017. Consultado o 1 de novembro de 2018.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 "Bell 206: Still Ringing True". Aviation Today. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2006. Consultado o 1 de novembro de 2018.
- ↑ Lambert 1991, p. 30
- ↑ 13,0 13,1 "HKP 6 - Agusta Bell 206A JetRanger (1968-2004)". avrosys.nu. Consultado o 9 de abril de 2024.
- ↑ "TH-57". U.S. Navy History.
- ↑ "Farewell to TH-67 Creek". helis.com. Consultado o 9 de abril de 2024.