Bell 400 TwinRanger

O Bell 400 TwinRanger foi un prototipo de helicóptero civil bimotor de catro palas desenvolvido por Bell Helicopter nos anos 80. Tanto o TwinRanger como outra versión planeada, o Bell 440, eran intentos de comercializar un desenvolvemento bimotor do Model 206L LongRanger. O Bell 400A era unha versión planeada dun só motor do 400. Porén, o desenvolvemento do TwinRanger cancelouse cando Bell non conseguiu os suficientes pedidos para a súa fabricación. O nome TwinRanger foi despois usado para unha versión bimotor do LongRanger fabricada dende 1994 ata 1997.

Bell 400 TwinRanger
Tipohelicóptero multipropoósito
FabricanteBell Helicopter
Primeiro voo4 de abril de 1984
Estadocancelado
Unidades construídas4

Desenvolvemento

editar

Bell intentaria varias encarnacións dunha versión bimotor da súa exitosa serie Bell 206. O nome TwinRanger data de mediados dos 80 cando Bell considerou nun primeiro momento desenvolver unha versión de dous motores do LongRanger.

O Bell 400 TwinRanger contaba cunha fuselaxe redeseñada, dous motores turboeixo Allison 250, o rotor principal de catro palas do OH-58D Kiowa, e un novo rotor de cola cuberto.[1] Bell tamén planeou o monomotor 400A, e o bimotor 440 cunha fuselaxe máis longa grazas ao seu alto grao de materiais compostos.[2] O Bell 400 voou por vez primeira o 4 de abril de 1984. Bell suspendeu o desenvolvemento da familia 400/440 a finais dos 80 xa que non pensaba que fosen a chegar a unha taxa de produción rendible de 120 unidades por ano.[1]

Sucesores

editar

Despois do éxito da conversión de dous motores Tridair Gemini ST do Bell 206L a principios dos anos 90, Bell fabricou o equivalente Bell 206LT TwinRanger baseado no 206L-4. Só se fabricaron 13 206LT entre 1994 e 1997. O 206LT foi substituído na liña de Bell polo Bell 427, un desenvolvemento máis novo do Bell 407, que á súa vez era un derivado monomotor de catro palas do 206L.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 Frawley, Gerard (2003). The International Directiory of Civil Aircraft, 2003-2004. Aerospace Publications Pty Ltd. pp. 43. ISBN 1-875671-58-7. 
  2. Apostolo, Giorgio (1984). The Illustrated Encyclopedia of Helicopters. Nova York: Bonanza Books. pp. 50. ISBN 0-517-43935-2.