O Bell 427 é un helicóptero utilitario lixeiro bimotor deseñado e fabricado por Bell Helicopter e Samsung Aerospace Industries. O seu deseño está baseado no Bell 407. Foi substituído na liña de produción polo alongado Bell 429.

Bell 427
FabricanteBell Helicopter, Samsung Aerospace Industries
Primeiro voo11 de decembro de 1997
Introducido2000
Produción1997-2010

Desenvolvemento editar

Bell intentara varias encarnacións dunha versión de dous motores do seu exitosa serie Bell 206, incluídos os cancelados Bell 400 e 400 a mediados dos 80 e o fabricado en poucas cantidades Bell 206LT TwinRanger a principios dos 90.[1] O concepto orixinal de Bell para un substituto do 206LT TwinRanger foi o Bell 407T, un desenvolvemento relativamente sinxelo bimotor do Bell 407 con dous motores Allison 250-C22B. Porén, Bell concluíu que o rendemento carga-alcance do 407T podería non ser suficiente.[1]

A compañía comezou a desenvolver un novo bimotor lixeiro en asociación coa compañía surcoreana Samsung Aerospace Industries. En febreiro de 1996 Bell anunciou o seu Model 427 na Heli Expo en Dallas. O Bell 427 foi o primeiro aparello da compañía completamente deseñado por ordenador.[1] O Bell 427 voou por vez primeira o 11 de decembro de 1997. A certificación canadense foi outorgada o 19 de novembro de 1999, seguida pola estadounidense en xaneiro de 2000, e a certificación dual piloto IFR da FAA no mes de maio. Bell fabrica os sistemas dinámicos de voo do 427 en Fort Worth, Texas, mentres que a montaxe final realízase na súa fábrica de Mirabel, Quebec. A fuselaxe e a pluma de cola do 427 son fabricados por Samsung (posteriormente parte de KAI) na súa planta de Sachon.[1] As primeira entregas producíronse en xaneiro de 2000.[2]

En 2004 Bell ofreceu unha redeseñada versión do 427, o Bell 427i, que foi desenvolvida en asociación coa compañía surcoerana Korea Aerospace Industries e a xaponesa Mitsui Bussan Aerospace. O acordo deulle a KAI a responsabilidade do desenvolvemento e a produción da fuselaxe, o cableado da cabina e o sistema de combustible. Mitsui Bussan converteuse nun promotor financeiro.[3][4] O 427i incluía unha nova cabina de cristal e sistemas de navegación para permitir a un único piloto voar baixo as regras de voo instrumental. O deseño tiña unha fuselaxe alongada 0,36 m, unha versión de motor e transmisión máis potente, e peso ao engalaxe incrementado. Porén, o programa foi cancelado e a atención centrouse no mellorado Bell 429. En febreiro de 2005 os 80 pedidos para o 427i convertéronse para o 429.[5] O 24 de xaneiro de 2008 Bell anunciou plans para deter a súa liña de 427 despois de que se cumprisen os compromisos de pedidos no ano 2010.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Frawley, Gerard (2003). The International Directory of Civil Aircraft, 2003–2004. Aerospace Publications Pty Ltd. ISBN 1-875671-58-7. 
  2. "FLUG REVUE Datafiles: Bell 427". 2007-06-16. Archived from the original on 16 de xuño de 2007. Consultado o 2018-11-16. 
  3. "Vertiflite Breaking News". 2011-07-20. Archived from the original on 20 de xullo de 2011. Consultado o 2018-11-16. 
  4. "Bell’s new 427i promises much more than just IFR: AINonline". 2011-06-16. Archived from the original on 16 de xuño de 2011. Consultado o 2018-11-16. 
  5. "HeliExpo '05: All Bell 427i Customers Convert to New Bell 429 | Aero-News Network". www.aero-news.net. Consultado o 2018-11-16. 
  6. "Bell Helicopter - News: Bell Product Line Streamlined". 2010-12-30. Archived from the original on 30 de decembro de 2010. Consultado o 2018-11-16.