Beirut (grupo musical)

Beirut é un grupo musical estadounidense. Comezou como un proxecto musical en solitario do músico nado en Santa Fe, Zach Condon, e posteriormente converteuse nunha banda liderada por este mesmo. As súas primeiras presentacións foron en maio de 2006, para promocionar o lanzamento do seu álbum debut, Gulag Orkestar. A súa música combina elementos de Europa Oriental, música folk e mexicana con música pop occidental.

Beirut
Zach Condon
OrixeSanta Fe, Novo México,
Período2006 - actualidade
Xénero(s)balkan folk, world music, indie folk, electrónica
Selo(s) discográfico(s)Ba Da Bing Records, Pompeii Records, Arts & Crafts México
MembrosZach Condon
Perrin Cloutier
Nick Petree
Paul Collins
Kelly Pratt
Ben Lanz
Antigos membrosJeremy Barnes
Heather Trost
Jason Poranski
Kristin Ferebee
Jon Natchez
Tracy Pratt
Greg Paulus
Jared van Fleet
Na rede
https://beirutband.com
Facebook: beirutmusic Twitter: bandBeirut MySpace: beruit Youtube: UCEZfJck6FSa2W3-01J2_fhw Spotify: 6pmxr66tMAePxzOLfjGNcX Last fm: Beirut Musicbrainz: 0af78501-5647-4c18-9a0d-66ac8789e13b Songkick: 355452 Discogs: 523123 Allmusic: mn0000984877 Deezer: 3905 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O seu primeiro álbum oficial, de nome Beirut editouse grazas á colaboración de Jeremy Barnes (Neutral Milk Hotel, A Hawk and a Hacksaw) e Heather Trost (A Hawk and a Hacksaw), no que se combinan elementos e sons da música folk e, especialmente, da música da Europa do Leste e México.

Malia a súa xuventude, Condon xa editara anteriormente algúns traballos baixo o nome de 'The Real People' cando só tiña 15 anos, cunha faceta de electrónica lo-fi (similar ao estilo do tema de Beirut 'Scenic World' do álbum 'Gulag Orkestar'). Un ano máis tarde, grava un álbum completamente doo wop que foi inspirado por Frankie Lymon & the Teenagers. Tamén, durante os anos 2001 e 2002, gravaría un EP con tres cancións baixo o nome 1971, titulado "Small Time American Bats", que nunca se editou oficialmente. Condon estivo no instituto de Santa Fe, onde estudou até os 16 anos, cando embarcou nunha viaxe por Europa na que se deixou influenciar pola música balcánica, especialmente pola orquestra de Boban Marković.

En 2006, xa co nome de Beirut, edita dúas gravacións de inspiración balcánica na discográfica Ba Da Bing, 'Gulag Orkestar' (o seu primeiro álbum) e 'Lon Gisland'. Editou tamén outros eps, como 'Pompeii' (editado en 2007) que incluía tres temas, outro en conxunto co grupo Calexico, e unha compilación para a revista 'The Believer' (en xuño de 2007, que incluía o tema inédito "Venice").

Mentres vivía en Brooklyn, Condon gravou ademais un vídeo para "Scenic world" na fábrica de Sweet'N Low. Tamén gravou noutros lugares de Nova York e Europa. O seu primeiro vídeo oficial foi para a canción "Elephant Gun". O vídeo dirixiuno Alma Har'elArquivado 09 de abril de 2021 en Wayback Machine., quen máis tarde dirixiu tamén o segundo vídeo do tema "Postcards from Italy". Lauren Tafuri Arquivado 15 de maio de 2010 en Wayback Machine. foi o deseñador do vestiario para ambos vídeos.

O segundo álbum de Beirut 'The Flying Club Cup' filtrouse en Internet o día 25 de agosto de 2007, pero a súa saída oficial foi a principios de outubro.

Beirut en directo editar

En directo, a banda que polo xeral acomapaña a Zach Condon para presentar os temas de Beirut está composta por Perrin Cloutier (violoncello e acordeón), Jason Poranski (guitarra/ukelele), Nick Petree (batería), Kristin Ferebee (violín), Paul Collins (órgano/teclados/tambor/ukelele), Jon Natchez (saxo barítono/mandolina/glockenspiel), e Kelly Pratt (trompeta/bombardino).

Segundo publicou a páxina oficial de Beirut, Zach Condon foi hospitalizado por cansazo extremo a finais de 2006, polo que se cancelou o resto da xira da presentación de "Gulag Orkestar", volvendo aos escenarios en marzo de 2007. Ese mesmo verán, tocaron no Festival de Glastonbury, considerándose como unha das mellores actuacións do festival.

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Gulag Orkestar 2006 Ba Da Bing!
The Flying Club Cup 2007 Ba Da Bing!, 4AD
The Rip Tide 2011 Pompeii Records
No No No 2015 4AD
Gallipoli 2019 4AD
Hadsel 2023 Pompeii Records

EPs editar

Álbum Ano Selo
Lon Gisland 2007 Ba Da Bing Records
Pompeii 2007 Ba Da Bing Records
Elephant Gun 2007 4AD
March Of The Zapotec/Holland 2009 Pompeii Records

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar