Basille, Pousada, Baralla
Basille é unha pequena aldea da parroquia de Santiago de Pousada, no concello de Baralla. Segundo o IGE en 2010 tiña 12 habitantes (7 homes e 5 mulleres).
Basille | |
---|---|
Parroquia | Pousada |
Concello | Baralla |
Coordenadas | 42°53′24″N 7°16′34″O / 42.890083458915, -7.2761434780882Coordenadas: 42°53′24″N 7°16′34″O / 42.890083458915, -7.2761434780882 |
Poboación | 12 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Poboación
editarBasille ten dez casas das que oito están habitadas:[cando?] Casa de Álvaro (abandonada), Casa de Mateo, Casa de Ventosinos, Casa de Prieto, Casa de Vilela, Casa dos Touzón (tamén chamada Casa do Souto), Casa do Civil, Casa de Ayán (deshabitada), Casa de Touville e o pazo de Casa da Torre.[Cómpre referencia]
Antigamente tiña un colexio pero actualmente[cando?] está pechado.
Economía
editarA principal actividade económica é a gandería, con boa parte dos prados con regadío.
Flora
editarToda a aldea posúe boa superficie de arboredo sendo o castiñeiro a árbore que máis abonda. E en canto a árbores froiteiras a que máis abonda é a maceira.
Lugares e parroquias
editarLugares de Pousada
editarLugares da parroquia de Pousada no concello de Baralla (Lugo) | |
---|---|
Basille | Pousada | Salvador | San Xusto | Santo Estevo |
Parroquias de Baralla
editar