Basilisco verde

especie de réptil
(Redirección desde «Basiliscus plumifrons»)
Basilisco verde

Macho na provincia Alajuela, Costa Rica.

Basilisco verde femia.
Basilisco verde femia.

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Familia: Corytophanidae
Xénero: Basiliscus
Especie: B. plumifrons
(Cope, 1876)

O basilisco verde (Basiliscus plumifrons) é unha especie de lagarto nativo de América Centrail, e o seu hábitat natural abrangue dende o leste de Honduras, a través de Nicaragua e Costa Rica, até o oeste de Panamá.[2][3]

Descrición editar

Os basiliscos verdes son omnívoros e aliméntanse de insectos, pequenos mamíferos como roedores, e mesmo algunhas especies máis pequenas de lagartos. A súa dieta inclúe tamén froitos e flores. Entre os seus predadores máis frecuentes atópanse as aves de presa, as sarigüeias e as serpes.

As femias desta especie poñen entre 5 e 15 ovos á vez. Depositan estes ovos en lugares quentes, como area húmida ou terra. Delongan entre oito e dez semanas en chocar, tralo cal o novo espécime nace xa como un lagarto totalmente independente.

Notas editar

  1. Wilson, L.D., Townsend, J.H. & Lamar, W. (2013). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Köhler G (2008). Reptiles of Central America, 2nd Edition. Offenbach, Germany: Herpeton Verlag. 400 pp. ISBN 978-3936180282
  3. Savage JM (2005). The Amphibians and Reptiles of Costa Rica: A Herpetofauna between Two Continents, between Two Seas. Chicago e Londres: University of Chicago Press. xx + 945 pp. ISBN 978-0226735382

Véxase tamén editar