Os basiliscos (Basiliscus) son un xénero de lagartos da familia Corytophanidae. Os basiliscos atópanse na selva tropical de América Central e do Sur, desde o sur de México até Ecuador e Venezuela.

Trátase de lagartos similares ás iguanas, pero de aspecto máis áxil e moi esvelto, e en xeral, de proporcións máis reducidas. Diferéncianse ademais por ter unha ou dúas cristas normalmente unha sobre a cabeza ou outra, de maior tamaño, sobre o dorso (podendo chegar até unha cuarta parte da súa cola). A súa alimentación tamén é máis ecléctica, consumindo gran variedade de alimentos. De temperamento nervioso e acelerado, estes lagartos son coñecidos pola súa capacidade para correr sobre a auga, grazas a que se moven a unha velocidade extraordinaria.

Taxonomía e etimoloxía editar

Tanto o nome xenérico, Basiliscus, como o nome común, "basilisco", derivan do grego basilískos (βασιλίσκος) que significa "pequeno rei". O epíteto específico, vittatus, que en latín significa "raiado", deuse na décima edición de Carl Linnaeus de Systema Naturae oficial.

Clasificación editar

Xénero Basiliscus[1]

Imaxe Nome científico Nome común Distribución
 
Basiliscus basiliscus Basilisco común Do Noroeste de Nicaragua até o noroeste de Colombia no lado do Pacífico, e desde o centro de Panamá até o noroeste de Venezuela
 
Basiliscus galeritus Basilisco occidental ou Basilisco de cabeza vermella Colombia occidental e Ecuador occidental
 
Basiliscus plumifrons Basilisco emplumado, Basilisco verde, o Basilisco de dobre crista Este de Honduras,pasando a través de Nicaragua até Costa Rica
 
Basiliscus vittatus Basilisco marrón, Basilisco raiado México, América Central e o noroeste de Colombia

Fisioloxía editar

Os basiliscos en media miden 70 a 75 cm de lonxitude total (incluída a cola). O seu crecemento é perpetuo, rápido cando son novos e non lineais para basiliscos maduros. As súas longas veas en forma de crista, están presente en tres puntos distintos (cabeza, costas e cola) confiren a impresión de criaturas como Dimetrodon e Edaphosaurus. A súa pel despréndese en pedazos.[Cómpre referencia]

Mobilidade sobre a auga editar

Basilisco común camiñando sobre a auga.

Os basiliscos teñen a notable habilidade de ser capaces de correr sobre a superficie da auga. As súas patas posteriores están provistas duns lóbulos dérmicos que funcionan como aletas, os cales aumentan a superficie de apoio sobre a auga. Estes son enrolados cando o animal camiña por terra. Si o animal afronta o perigo, comeza a correr moi rapidamente sobre a superficie dun río ou un lago, entón as aletas dos seus pés traseiros ábrense permitindo aumentar a súa superficie de apoio e así correr sobre a auga. Con todo, ao decrecer a súa velocidade nuns 2 minutos, o basilisco afúndese e ten que nadar do modo normal de calquera outro lagarto.

Debido a esta habilidade, dicíase que tiña poderes sobrenaturais. En Ecuador coñéceselles como piandes e en Colombia como pasarroyos (pasa-arroyos = pasa-regatos).

Outro mecanismo de defensa editar

Os basiliscos poden escavar na area para esconderse dos depredadores para evitar que a area invada as súas fosas nasais posúen un anel de músculos ao redor de ambas as fosas nasais.

Especies invasoras editar

A especie Basiliscus vittatus (basilisco marrón) foi introducida en Florida.[2] Onde conseguiu adaptarse aos invernos máis fríos cavando no lixo das follas para conseguir calor. Os informes actuais ven o basilisco marrón até o norte de Fort Pierce, na costa leste do estado, onde pequenos grupos se arrastraron até o North Fork do río Saint Lucie. Foi visto principalmente en Boca Raton e noutras cidades do condado de Palm Beach.

Véxase tamén editar

Notas editar

  1. "Basiliscus ". The Reptile Database. www.reptile-database.org.
  2. Powell R, Conant R, Collins JT (2016). Peterson Field Guide to Reptiles and Amphibians of Eastern and Central North America, Fourth Edition. Boston and New York: Houghton Mifflin Harcourt. xiv + 494 pp., 47 plates, 207 figures. ISBN 978-0-544-12997-9. (Basiliscus vittatus, p. 276 + Plate 24).