Bandeira de México

(Redirección desde «Bandeira mexicana»)

A bandeira de México está composta por Tres franxas verticais co Escudo de México xusto no centro. Ó longo da historia de México houbo unha multitude de bandeiras e estandartes para representar o país. Mentres que o significado das cores cambiou co tempo, estas tres cores foron adoptadas por México dende a independencia de España durante a guerra de independencia do país, e o subsecuente Primeiro Imperio Mexicano. A bandeira actual foi adoptada oficialmente en 1968, mais o deseño da mesma data de 1821.

Bandeira de México
Bandeira de México
Características
Uso
Proporción4:7
Adopción16 de setembro de 1968
Cores     Verde     Branco     Vermello

Cores e significado editar

A bandeira mexicana consta de tres franxas verticais dunha cor diferente cada unha: verde, branca e vermella respectivamente. Estas cores simbolizan o seguinte:

Sistema de cor Verde Branco Vermello
Pantone 3425c Safe 186c
RGB 0-104-71 255-255-255 206-17-38
CMYK 100-0-82-59 0-0-0-0-0 0-92-82-19
RGB Hex. 006847 FFFFFF CE1126
  • O verde simboliza a esperanza do pobo.
  • O branco simboliza a pureza dos ideais deste.
  • O vermello simboliza o sangue derramada polos heroes do país.

No centro da bandeira, na franxa branca, está o escudo de México. Trátase dun escudo que ten a súa orixe nunha lenda azteca. É a representación dunha aguia devorando unha serpe.

A bandeira mexicana é considerada o símbolo de identidade máis importante de México, polo que todos os anos o 24 de febreiro se celebra o día oficial para renderlle homenaxe.

Cronoloxía editar

 
Estandarte da Virxe de Guadalupe
México non Independente
América do Norte - Nova España - América mexicana
1535 — 1821
 Data de adopción
Relacionada con
 Promulgada  Bandeira  Descrición
17 de abril de 1535
Monarquía
17 de abril de 1535 – 25 de novembro de 1550
Antonio de Mendoza
Vicerrei

29 de abril de 1783 - 3 de novembro de 1784
Matías de Gálvez y Gallardo
Vicerrei

  Vicerrei de Nova España
1785 - 1821
Monarquía
Bernardo de Gálvez y Madrid
Vicerrei

21 de xullo de 1821 - 28 de setembro de 1821
Juan O'Donojú y O'Rian
Vicerrei

  Vicerrei de Nova España
México Independente
Nación Mexicana - Imperio Mexicano - República Mexicana - Estados Unidos Mexicanos
1821 — 2024
 Data de adopción
Relacionada con
 Promulgada  Bandeira  Descrición
24 de febreiro de 1821
Xunta de Soberanía Provisional
Agustín Iturbide
Monárquico
Vicente Ramón Guerrero
Insurxente
  Bandeira das Tres Garantías
Deseñada por
José Magdaleno Ocampo
24 de agosto de 1821
Xunta de Soberanía Provisional
Agustín Iturbide
Presidente da Rexencia
  Bandeira da Rexencia de Iturbide
Deseñada por
Agustín Iturbide
2 de novembro de 1821
Congreso Constitucional
Agustín Iturbide I de México
Emperador
José Manuel de Herrera
Primeiro Ministro
  Bandeira do Primeiro Imperio Mexicano
Deseñada por
Agustín Iturbide
      Independencia -       Relixión -       Unión
14 de abril de 1823
Congreso Constitucional
10 de outubro de 1824 – 1 de abril de 1829
Guadalupe Victoria
Presidente
21 de xaneiro de 1858 - 28 de decembro de 1862
Félix María Zuloaga
Presidente
  Bandeira da República Mexicana
Deseñada por
Congreso Constitucional
Goberno Executivo
10 de outubro de 1824 - 15 de maio de 1867
Reforma da Guerra
21 de xaneiro de 1858 - 28 de decembro de 1862
Rexencia do Segundo Imperio Mexicano
11 de xullo de 1863 - 18 de novembro de 1863
15 de xullo de 1864
Congreso Constitucional
Maximiliano I de México
Emperador
Juan Nepomuceno Almonte
Primeiro Ministro
  Bandeira do Segundo Imperio Mexicano
Deseñada por
Ferdinando Maximiliano
      Esperanza -       Pureza -       Relixión
19 de xuño de 1867
Goberno Executivo
Benito Pablo Juárez García
Presidente
  Readoptada
Bandeira da República Mexicana
Deseñada por
Congreso Constitucional
1 de abril de 1893
Goberno Executivo
José de la Cruz Porfirio Díaz
Presidente
  Bandeira da República Mexicana
Deseñada por
Tomas de la Peña
20 de setembro de 1916
Goberno Executivo
Venustiano Carranza Garza
Presidente
  Bandeira dos Estados Unidos Mexicanos
Deseñada por
Antonio Gómez
5 de febreiro de 1934
Goberno Executivo
Abelardo Rodríguez Luján
Presidente
  Bandeira dos Estados Unidos Mexicanos
Deseñada por
Jorge Enciso
16 de setembro de 1968
Goberno Executivo
Gustavo Díaz Ordaz
Presidente
  Bandeira dos Estados Unidos Mexicanos
Deseñada por
Francisco Eppens Helguera
      Esperanza -       Unión -       Sangue dos Heroes

Bandeiras estatais editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar