Escudo de México

O escudo de México é o emblema que aparece na bandeira deste mesmo país. Representa unha aguia devorando unha serpe, que forma parte da lenda azteca da fundación do seu imperio.

Escudo de México
Detalles
ArmigerMéxico
Adoptado16 de setembro de 1968
(último versión, de Francisco Eppens Helguera)
EscudoPousado nun chumbeira, unha aguia real mexicana comendo unha cobra
Alicercecarballo e follas de loureiro

É o escudo nacional de México debido a que o inicio do Imperio Azteca foi considerado o inicio de México cando este se independizou de España.

Está constituído por unha aguia mexicana, coa parte superior das ás en actitude de combate. A súa pata esquerda está pousada sobre un nopal florecido sobre un lago; e coa súa pata dereita e co pico sostén unha serpe. Dúas ramas, unha de aciñeira á fronte da aguia e outra de loureiro ó lado oposto, forman entrambas un semicírculo inferior que se une por medio dun listón dividido en tres franxas, coas cores da bandeira mexicana.

A aguia representa a forza cósmica do Sol, o nopal a paisaxe de México e a serpe o poder do país.