Abrir o menú principal

Bandeira de tinta

(Redirixido desde "Bandeira de Tinta")
Erguendo a bandeira de tinta, fotografía de Micha Perry. O home que está máis arriba é Avraham Adan.

A bandeira de tinta (en hebreo: דֶּגֶל הַדְּיוֹ, Degel HaDyo) foi unha bandeira de Israel feita a man e izada durante a guerra árabe-israelí de 1948 para sinalar a captura de Umm Rashrash.

HistoriaEditar

O 5 de marzo de 1949, Israel puxo en marcha a operación Uvda, a última manobra da guerra. O 10 de marzo as Forzas de Defensa de Israel chegaron ás costas do mar Vermello en Umm Rashrash, ao oeste de Aqaba no área da bíblica Elath, e a capturaron sen batalla algunha. As brigadas do Neguev e do Golán formaron parte desta operación. Tras a captura da posición, os soldados debuxaron con tinta unha bandeira de Israel sobre unha sabana branca que foi levantada por Avraham Adan, o comandante da compañía do 8º batallón da brigada do Neguev.[1]

A bandeira improvisada fabricouse por orde do comandante Nahum Sarig, cando descubriu que a súa brigada non contaba unha bandeira de Israel. Os soldados atoparon unha sabana, e debuxaron sobre ela dúas franxas de tinta e coseron unha estrela de David que colleron dun kit de primeiros auxilios.[2]

En Eilat, conmemorase o evento cunha escultura de bronce construída polo escultor Bernard Reder[3] A fotografía do izado da bandeira de tinta foi tomada polo soldado Micha Perry, e ten certo parecido coa fotografía Erguendo a bandeira en Iwo Jima tomada durante a segunda guerra mundial.[4]

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. General Avraham Adan: Soldier who raised the 'Ink Flag' that signaled the birth of Israel
  2. "Nostalgia Sunday – Eilat". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  3. "Bernard Reder sculpture". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2011. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  4. Former IDF general, Israeli icon Avraham Adan, dies at 86, Haaretz

Véxase taménEditar