Bandeira de Redondela

Bandeira do concello de Redondela (Galiza)

A bandeira de Redondela é a bandeira oficial do concello homónimo. Atópase regulada polo Decreto 138/2016, do 20 de outubro dese mesmo ano.[1]

Bandeira de Redondela
Bandeira de Redondela
Características
Uso
Proporción2:3
Cores     Granate      Ouro

A descrición do escudo, tal e coma se recolle na norma que o regula, e conforme ao aprobado pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, é a seguinte:

O pano de cor granate, a letra R maiúscula de ouro (amarelo) posta no centro e acompañada de tres vieiras tamén de ouro, dúas no xefe e unha na punta.

O deseño da bandeira foi realizado polo Seminario de Estudos Redondeláns, que recolleu os símbolos de identidade da vila de acordo coa normativa heráldica.[2]

Historia

editar

O deseño da bandeira de Redondela foi encargado a un grupo de expertos pertencentes ao Seminario de Estudos Redondeláns. Nun primeiro borrador deseñouse un fondo granate inspirado no pendón municipal, co escudo no centro. Porén, foi rexeitado pola Comisión de Heráldica por incumplir a normativa, dado que na bandeira non pode representarse o escudo. En substitución deste, dita comisión propoñeu a colocación dalgún dos motivos empregados no escudo. Finalmente, optouse polas tres cunchas douradas e o "R".

As orixes do pendón de Redondela descoñécense, aínda que a hipótese máis defendida a sitúan coma elemento distintivo nas batallas contra as tropas francesas en Pontesampaio ou en Vigo no século XIX.[3]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar