Abrir o menú principal

A bandeira de Noruega (en noruegués (bokmål): Norges flagg, en noruegués (‪nynorsk): Det norske flagget) componse dun pano rectangular de cor vermella cunha cruz azul de bordo branco cunha proporción: 16:32.

Bandeira de Noruega
Bandeira de Noruega
Características
Uso
Proporción16:22
Adopción13 de xullo de 1821
Cores     Vermello     Branco     Azul

HistoriaEditar

A bandeira data de 1821, data na cal aprobouse unha lei que fixaba as súas cores e composición. As cores vermella, branca e azul simbolizan a liberdade, do mesmo xeito que na bandeira dos Estados Unidos ou do Reino Unido, ou a bandeira tricolor, símbolo da Revolución francesa. A bandeira norueguesa inspirouse no deseño na bandeira dinamarquesa á que une, segundo outra teoría que explica a súa orixe, a cor azul de Suecia.

A Resolución foi adoptada polo Goberno en 1821, pero sen o consentimento do monarca, posto que se habilitaba ao rei soamente para sancionar un uso limitado da bandeira norueguesa. Esta bandeira unicamente podía ondear nas augas norueguesas, e as naves debían alzar o pavillón sueco cando navegaban ao sur do Cabo Fisterra (Galicia) a causa do risco de ataques polos piratas norteafricanos, que non recoñecían a bandeira norueguesa.

En 1838, o monarca autorizou o uso da bandeira norueguesa para o resto do mundo. Durante os anos comprendidos entre 1844 e 1899 a mariña mercante norueguesa empregou a bandeira co "Símbolo da Unión" (con Suecia) no cuarto superior preto do pau no que se combinaban as cores das bandeiras de ambos os dous países.

Bandeiras históricasEditar

Outras bandeirasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar