Bandeira de Fidxi

A bandeira de Fidxi foi adoptada o 10 de outubro de 1970. É un pano de cor azul celeste no que figura a Union Jack, que é a bandeira do Reino Unido, no cantón e, na súa parte esquerda o escudo propiamente dito do país (sen as figuras dos soportes, o burelete, a cimeira, nin o lema nacional). O escudo é practicamente idéntico ao que se usou durante o domino colonial británico. A bandeira de Fidxi está inspirada no Pavillón Azul que é unha bandeira de cor azul escura que incorpora a bandeira británica no seu cuadrante superior dereito e que usan como emblema numerosas institucións gobernamentais británicas, colonias e nalgúns casos, como Australia e Nova Zelandia, mantívose como bandeira nacional de antigas colonias hoxe independentes.

Bandeira de Fidxi
Bandeira de Fidxi
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción10 de outubro de 1970
Cores     Azul     Branco      Vermello     Turquesa

O escudo e a bandeira de Fidxi non se alteraron cando o país se converteu en república en 1987. A bandeira colonial era moi semellante á actual pero, seguindo o esquema do Pavillón Azul, de cor azul escura. Actualmente[cando?] esta bandeira é a bandeira do goberno de Fidxi e úsana algunhas institucións e departamentos de carácter gobernamental.

Outras bandeiras editar

Bandeiras históricas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar