Bandeira de Estonia

A bandeira de Estonia (en estoniano: sinimustvalge, "azul-negro-branco") presenta tres bandas horizontais de igual tamaño. A banda azul está arriba, debaixo atópase a negra e finalmente a branca. O tamaño normal desta bandeira é de 105 × 165 cm.

Bandeira de Estonia
Bandeira de Estonia
Características
Uso
Proporción7:11
Adopción7 de agosto de 1990
Cores     Azul     Negro     Branco

Historia

editar
 
  Bandeira da Armada
 
Bandeira Presidencia de Estonia
 
bandeira da República Socialista Soviética de Estonia

A bandeira de Estonia apareceu ao redor de 1880 como a bandeira da asociación de estudantes universitarios estonianos da Universidade de Tartu (fundada en 1632) sendo consagrada o 4 de xuño de 1884. Posteriormente, a bandeira vencellouse co nacionalismo estoniano e foi empregada como bandeira nacional (riigilipp) cando Estonia declarouse independente o 24 de febreiro de 1918, adoptándose formalmente a bandeira o 21 de novembro de 1918.

Por mor da invasión por parte da Unión Soviética en xuño de 1940 prohibiuse o uso da bandeira. Foi arriada dos lugares máis simbólicos, como a torre de Pikk Hermann en Tallinn (o 21 de xuño de 1940) cando Estonia aínda era, polo menos formalmente, independente. Ao día seguinte volveu ser izada xunto coa bandeira vermella. A tricolor desapareceu completamente da torre o 27 de xullo de 1940 sendo substituída pola bandeira da República Socialista Soviética de Estonia.

Durante a ocupación alemá (1941-1944), a bandeira foi aceptada como a bandeira da etnia estoniana, pero non como bandeira nacional. Logo de retirada alemá, a bandeira estoniana foi izada unha vez máis. O 22 de setembro, a bandeira vermella reapareceu e pouco tempo despois a bandeira tricolor estoniana foi retirada.

A bandeira estivo prohibida ata os días da perestroika, a finais da década dos 80, ata que, o 24 de febreiro de 1989, a bandeira azul-negra-branca ondeou novamente na Torre Pikk Hermann en Tallinn. Foi novamente declarada como a bandeira nacional o 7 de agosto de 1990, pouco máis dun ano despois que Estonia recuperase a súa independencia.

Construción

editar

Simboloxía

editar

A inicial interpretación das cores foi:

  • Azul polo ceo, os lagos e o mar de Estonia. Simboliza a lealdade ás ideas nacionalistas;
  • Negro pola cor do solo nacional;
  • Branco que simboliza a ledicia da xente.

Propostas alternativas

editar
 
ristilipud bandeira proposta de tendencia escandinava

Despois de que Estonia recuperou a súa independencia en 1991, houbo un debate público para escoller a bandeira nacional. Moitos estonianos consideraban que Estonia era un país nórdico e por iso preferían deixar de lado a tricolor estoniano que tiña unha reminiscencia dos países bálticos da Europa oriental. Presentáronse un gran número de propostas que defenían a incorporación da cruz nórdica coas tres cores nacionais. A máis popular foi unha cruz nórdica branca, con orlas negras nun campo azul semellante á bandeira de Noruega, foi denominada ristilipud. Con todo, o cambio de bandeira non logrou a suficiente popularidade.

Outras bandeiras

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar