Baldrico de Friúl

Baldrico ou Balderico (Baldericus) foi duque de Friúl (Foroiuliensis dux) desde 819 cando substituíu a Cadaloh segundo Tegano de Trier na súa Vita Hludovici Imperatoris, e ata 828, cando foi deposto do seu cargo: foi o último duque de Friúl.

Modelo:BiografíaBaldrico de Friúl
Biografía
Nacementoséculo VIII Editar o valor en Wikidata
Morte828 Editar o valor en Wikidata
Duque de Friúl
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloMargrave
Duque Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Baldrico era un legado imperial en 815, cando marchou a Zelandia cun exército de saxóns e obotritos para restaurar ao deposto rei de Dinamarca, Harald Klak .

Como gobernador de Friúl continuou a guerra iniciada por Baldrico contra Ljudevit Posavski (Liudovitus), o líder (dux) dos croatas de Panonia. Tivo éxito na expulsión do territorio imperial de Ljudevit. El e un conde de nome Gerold tamén fixeron a guerra aos ávaros por orde de Bertrico, conde do palacio, en 826.

Con Xurxo, prestador de Venecia, trouxo un órgano hidráulico a Aquisgrán en 826 [1].

En 828, Baldrico foi deposto como duque de Friúl pola sa incapacidade de establecer unha defensa efectiva contra os búlgaros durante a súa invasión de 827, e o ducado dividiuse en catro condados. Finalmente, os condados uníronse baixo unha marca (marcgraviado), e o ducado xa nunca se había restaurar[2].

  1. Annales Regni Francorum , DCCCXXVI
  2. Annales Regni Francorum , DCCCXXVIII

Véxase tamén

editar

BIbliografía

editar