Cadaloh de Friúl

Cadaloh (Kadaloch, Kadolach, Cadolah, Cadolach, Chadolah, Chadalhoh, Chadolt, latinizado como Cadalaus), finado o 31 de outubro de 819, foi duque de Friúl desde 817 ata a súa morte. Era fillo dun conde Bertoldo (Pera[h]told) e unha muller da familia dos Alaholfingas.

Modelo:BiografíaCadaloh de Friúl
Nome orixinal(la) Cadolah Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte31 de xullo de 819 Editar o valor en Wikidata
Duque de Friúl
816 – Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloMargrave
Duque Editar o valor en Wikidata
FamiliaAhalolfings (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FillosChadaloh II. Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Era o patrón ou protector do mosteiro de San Gall. Co seu irmán Uuagón (Wago), deu propiedades na vila de Wanga en favor do mosteiro, por carta do 23 de outubro de 805. Tamén doou a 17 de novembro de 817, na época na que levaba o título de conde (comes) e onde ordenou ao seu fillo, Berthold, facer doazóns no seu nome tras a súa morte.

Naqueles días, xa estivera a cargo de Dalmacia, onde foi o gobernante local no momento en que unha embaixada de Constantinopla atravesou o país ata a corte de Lois o Piadoso (816). Algún tempo despois, probabelmente en 817, foi nomeado duque de Friúl. Exinardo cítao como Cadolaum comitem et præfectum marcæ Foroiuliensis ("Cadolah, conde e prefecto da marca Friúlana") o 818. Posteriormente chámao Foroiuliensis Dux cando recorda a súa morte logo de volver dunha campaña contra Ljudevit Posavski, duque dos croatas de Panonia, en 819. Segundo a Vita Hludovici Imperatoris, Cadolah foi substituído por Baldrico.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar