CB Granollers

(Redirección desde «BFI Granollers»)

O Club Bàsquet Granollers é un club profesional de baloncesto da cidade de Granollers, Cataluña. Foi fundado en 1932, sendo uns dos clubs máis antigos de España. Na actualidade compite na Primeira División, quinta categoría do baloncesto español. En 1977, con Vicente Sanjuan no banco, o club conseguiu o ascenso á máxima categoría, na que permaneceu até 1993. Nos últimos anos na elite, concretamente desde 1989, o club fusionouse co RCD Espanyol de baloncesto, pasando a denominarse Grupo IFA Granollers.

CB Granollers
Información xeral
Liga 1ª División (Autonómica)
Fundación 1932
Historia CB Granollers (1930−1989)
Granollers EB (1989−1991)
Cores                Azul, branco, laranxa
Presidente España Joan Nadal
Localización
Cidade España Granollers, España
Pavillón Pavelló CB Granollers
Capacidade 3 200
cbgranollers.cat

Historia

editar

O Granollers foi fundado en 1932.[1]

Ao longo da súa historia o Granollers tivo diversas denominacións en función da empresa que o patrocinou. Entre 1977 e 1982 foi denominado "Areslux Club Bàsquet", entre 1983 e 1988 "Cacaolat Club Bàsquet". En 1989 o club fusionouse co RCD Espanyol de baloncesto, pasando a denominarse "Grupo IFA Granollers". En 1991 abandonou a dirección do club a empresa Unipublic e creouse a entidade Granollers Esportiu Bàsquet.

 
Joan "Txitxi" Creus foi un dos xogadores clave do Granollers, xogando case todas as tempadas que o equipo se mantivo na ACB.

Os anos 80 foron os mellores anos na historia do club. Na tempada 1982-1983 conseguiu a terceira posición na Liga Española de Baloncesto, con xogadores míticos como Joan Creus, Xabier Mendiburu ou Slab Jones e con Chus Codina de adestrador. En 1983 converteuse nun dos equipos fundadores da Liga ACB, e dende a súa creación ata 1990 sempre se clasificaría entre os oito primeiros.[1] Na 1984-1985 obtivo o quinto posto na Liga ACB, o que lle deu a oportunidade de disputar a Copa Korać da tempada 1985-1986, na que foi eliminado en cuartos de final. O Granollers xogou na Copa Korać contra equipos da categoría do Caserta do brasileiro Óscar Schmidt ou o Partizan de Belgrado. Desta época continuaban Mendiburu e Creus, ademais do aleiro Juan Ramón Fernández, ou os norteamericanos Charles Bradley e Victor Anger. Esa mesma tempada foi subcampión da Copa Príncipe de Asturias de baloncesto, perdendo a final ante o Estudiantes, por 82-89.

 
Kenny "Sky" Walker, ganador dos concursos de mates da NBA e da ACB, xogou no Granollers durante a tempada 1991-92.

En 1989 produciuse a unión do Granollers co Espanyol, que levou tamén a un cambio de denominación da entidade a "Grupo IFA Granollers",[1] o que provocou tamén un aumento do orzamento, mais non así nos resultados. Incorporáronse xogadores como Santi Abad, Claude Riley, Manel Bosch e Óscar Cervantes,[1] pero os obxectivos non se cumpriron e o equipo empezou a decaer. Con todo en 1990 aínda conseguiu clasificarse para os play-offs, pero un ano despois o equipo só puido conservar a súa praza na ACB nos play-offs pola permanencia. Deuse a casualidade que esa tempada o Club Basquet Granollers contaba nas súas filas co campión ACB de triplas 1991, Óscar Cervantes e o campión de mates NBA e da ACB Kenny Sky Walker.[1]

Xusto despois de conseguir a permanencia chegou o punto de inflexión para o club na máxima categoría do baloncesto español, xa que produciuse a marcha de Unipublic e do Grupo IFA como patrocinador.[1]

O club tivo que renunciar por temas económicos á liga ACB en 1993. O seu derradeiro partido na máxima categoría foi nos play-offs polo título, para os que se clasificara como 14º, cunha vitoria agónica do FC Barcelona por 73-74 o 4 de abril de 1993.[1] O club caeu nas categorías máis baixas da Federación Catalá de Baloncesto pasándose a chamar Club Bàsquet Granollers. En 2001 o club volveu gañar importancia par facerse moi competitivo na Liga EBA,[1] na que competiu dende a tempada 2002−03 ata a 2013–14, cando descendeu á Primeira División, quinta categoría do balonces español, e na que se mantén desde aquela.

En 2021 conseguiu o ascenso á Liga EBA, á que renunciara en 2015, cun 60 % de xogadores formados no club, logo de mudar o plan e orientar máis o traballo do club á formación de xogadoras e xogadores, así como de adestradoras e adestradores.[1]

Patrocinios

editar

Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

  • Areslux Granollers (1977−1982)
  • Cacaolat Granollers (1983−1988)
  • Grupo IFA Granollers (1989−1992)
  • BFI Granollers (1992−1993)

Xogadores

editar

Destacados

editar

Historial

editar

O seguinte é o historial do club na máxima categoría.

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1977–78 1 1ª División 7–1–14 Fase de grupos
1978–79 1 1ª División 11–11 Cuartos de final 3 Copa Korać 2R 2–2
1979–80 1 1ª División 9–3–10 Oitavos de final
1980–81 1 1ª División 10º 9–1–16 Oitavos de final
1981–82 1 1ª División 11–1–4 Cuartos de final
1982–83 1 1ª División 17–2–7 Cuartos de final
1983–84 1 Liga ACB 19–12
1984–85 1 Liga ACB 12–19 Copa Príncipe SF
1985–86 1 Liga ACB 11–21 Copa Príncipe 3 Copa Korać FG 4–6
1986–87 1 Liga ACB 13–20 Cuartos de final Copa Príncipe CF
1987–88 1 Liga ACB 17–13 Copa Príncipe CF
1988–89 1 Liga ACB 18–20 Primeira rolda
1989–90 1 Liga ACB 21–17 Semifinais
1990–91 1 Liga ACB 19º 18–24 Terceira rolda
1991–92 1 Liga ACB 12º 20–20 Terceira rolda
1992–93 1 Liga ACB 14º 13–20 Terceira rolda

Alén do amosado, o club tan participado nas seguintes categorías:

  • Terceira División (1970−1972)
  • Segunda División (1972−1977)
  • Primeira División (1977−1983)
  • Liga ACB (1983−1993)
  • Liga EBA (1999−2000, 2002−2013)
  • Primeira División Autonómica (2013−presente)
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Puertas, José Manuel (21 de abril de 2021). "Cómo te echo de menos: Granollers, la morada de ‘Chichi’ y los reyes de los concursos" (en castelán). Gigantes.com. Consultado o 20 de maio de 2024. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar