En astronomía, un bólido é unha masa de material procedente do espazo que atravesa a atmosfera da Terra a gran velocidade, con gran brillo, e que pode estoupar e fragmentarse en pedazos.[1]

Na imaxe:
a) vese un meteoro moi brillante (bólido)
b) a súa posterior fragmentación

Características editar

É un meteoro moi brillante, caracterizado por parecer unha bóla de fogo e crear unha pegada luminosa, producida pola entrada na atmosfera terrestre dun meteoroide cunha masa da orde das toneladas, que xeralmente explota antes de chegar ao solo e que produce un estrondo apreciábel.[2]

Un bólido presenta a aparencia dunha esfera de fogo, e non un aspecto puntual ou estelar. O suo luminoso que deixa ao seu paso pola atmosfera persiste un tempo superior ás decenas de segundos, e pode chegar a ser de varios minutos e incluso de media hora. Chega acompañado de fenómenos acústicos como unha explosión e ás veces pódense encontrar no solo algúns fragmentos do meteoro que resisten á completa volatilización no seu paso pola atmosfera.

Clasificación editar

Os fenómenos luminosos
Nome Masa Altitude Duración
Estrela fugaz orde do g 110-80 km 1-2 s
Meteoro orde do kg 80-50 km 2-5 s
Bólido de 0,5 a 10 T 50-13 km 5-40 s

Notas editar

  1. bólido no Dicionario da RAG.
  2. Stephen P. Maran (2010). Astronomy For Dummies. Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons. p. 60. ISBN 978-1-1180-5456-7. Consultado o 23 de novembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar