Azucre ácido
Os azucres ácidos son monosacáridos que levan un grupo carboxilo (COOH), que se orixina pola oxidación dalgún dos grupos orixinais OH ou aldehido [1]. Segundo en que parte da molécula se produza esta oxidación distinguimos varios tipos de azucres ácidos.
Tipos e exemplos
editarAs principais clases de azucres ácidos son:
- Ácidos aldónicos, nos cales o grupo aldehido dunha aldosa foi oxidado formando un grupo carboxilo [2]. Son exemplos de ácidos aldónicos os seguintes:
- Ácido glicérico (3C)
- Ácido xilónico (5C)
- Ácido glicónico (6C)
- Ácido ascórbico (6C, lactona insaturada)
- Ácidos ulosónicos (ou cetoaldónicos), nos cales o primeiro grupo hidroxilo dunha 2-cetosa foi oxidado orixinando un alfa-cetoácido [3]. Son exemplos:
- Ácido neuramínico (ácido 5-amino-3,5-didesoxi-D-glicero-D-galacto-non-2-ulosónico). A forma acetilada é o ácido N-acetilneuramínico, que é un compoñente das membranas celulares.
- Ácido cetodesoxioctulosónico (KDO ou ácido 3-desoxi-D-mano-oct-2-ulosónico)
- Ácidos urónicos, nos cales o hidroxilo terminal dunha aldosa ou cetosa foi oxidado [4]. Exemplos:
- Ácido glicurónico (6C)
- Ácido galacturónico (6C)
- Ácido idurónico (6C)
- Ácidos aldáricos, nos cales ambos os extremos dunha aldosa están oxidados [5]. Exemplos:
- Ácido tartárico (4C)
- Ácido galactárico (ácido múcico) (6C)
- Ácido D-glicárico (ácido sacárico) (6C)
Outros azucres ácidos son o ácido murámico e o ácido N-acetilmurámico, nos que o grupo COOH non está unido directamente a un carbono do anel do azucre.
Nas imaxes seguintes, as formas liñais dos catro tipos de azucres ácidos mencionados.
-
O ácido glicónico, un ácido aldónico.
-
O ácido neuramínico, un ácido ulosónico.
-
O ácido galacturónico é un ácido urónico.
-
O ácido galactárico ou múcico, un ácido aldárico.
Notas
editar- ↑ "Joyce J. Diwan, Carbohydrates - Sugars and Polysaccharides". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2011. Consultado o 06 de decembro de 2011.
- ↑ Victor Gold, IUPAC Gold Book Aldonic acids
- ↑ Victor Gold, IUPAC Gold Book, Ketoaldonic acids
- ↑ Victor Gold, IUPAC Gold Book, Uronic acids
- ↑ Victor Gold, IUPAC Gold Book, Aldaric acids
Ligazóns externas
editar- MeshName - Sugar+Acids [1]