Ácido murámico
O ácido murámico é un monosacárido que se orixina pola unión por enlace éter do ácido láctico e a glicosamina. É un azucre ácido porque leva un grupo carboxilo (COOH) e tamén un aminoazucre, porque leva un grupo amino.
Ácido murámico | |
---|---|
Ácido 2-{[3-amino-2,5-dihidroxi-6-(hidroximetil)oxan-4-il]oxi}propanoico | |
Identificadores | |
Número CAS | 1114-41-6, 40525-29-9 |
PubChem | 441038 (2R),(3R,4R,5S,6R), 12313001 (),(3R,4R,5S,6R), 44123550 (2R),(2R,4R,6R), 45039974 (2R),(), 433580 |
ChemSpider | 7992151 ácido α-murámico, 389857 ácido murámico (mestura de anómeros), 394190 ácido β-murámico |
Número CE | 214-214-9 |
KEGG | C06470 |
ChEBI | CHEBI:7027 |
Referencia Beilstein | 2334586 |
3DMet | B05203 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C9H17NO7 |
Masa molecular | 251,23378 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Forma parte da estrutura do ácido N-acetilmurámico, que é un dos compoñentes do peptidoglicano que forma a parede celular bacteriana.[1] Na parede das bacterias Chlamydia non se detecta ácido murámico, o cal é unha excepción dentro das bacterias [2].
Notas
editar- ↑ Muramic acid - Compound Summary, PubChem.
- ↑ A Fox, J C Rogers, J Gilbart, S Morgan, C H Davis, S Knight, and P B Wyrick. Muramic acid is not detectable in Chlamydia psittaci or Chlamydia trachomatis by gas chromatography-mass spectrometry. Infect Immun. 1990 March; 58(3): 835–837. PubMed