Avenida do Fragoso (Vigo)
A avenida do Fragoso é unha vía urbana da cidade de Vigo. Conecta a praza América co estadio de Balaídos, e foi conceptualizada para conectar ambas partes da cidade nos anos 70.
Avenida do Fragoso | |
---|---|
Localización | |
Inicio | Praza América |
Fin | Estado de Balaídos |
Localidade | Vigo |
Código postal | 36210 |
Historia
editarA avenida do Fragoso é unha das principais vías radiais que parten da praza América. Para dar solución ao problema de acceso ao estadio de Balaídos, onde xoga como local o Real Club Celta de Vigo, foi redactado un proxecto para construír un vial que conectase a praza América co campo de fútbol. Até entón, dito acceso realizábase mediante camiños desde as estradas de Vincios e Baiona.
O proxecto foi encargado polo concello ao enxañeiro Sáez-Díez, ante incluso que a redacción do Plan de Ordenación da Florida de 1958. Finalmente, nos anos 70 materializouse a construción do vial.[1]
Toponimia
editarA avenida do Fragoso recibe o seu nome do val de Fragoso, o val que ocupa gran parte do concello vigués e a contorna natural do río Lagares. Anteriormente, o val estaba integrado por tres concellos: Vigo, Bouzas e Fragoso. Este último concello abranguía parroquias viguesas coma Coruxo, Cabral ou Alcabre, pero tamén outras coma a parroquia redondelana de Chapela.
Notas
editar- ↑ "A avenida materializouse nos anos 70.". Faro de Vigo. Consultado o 22 de xullo de 2022.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar