Avante LGBT+

asociación galega de activismo LGTB

Avante LGBT+ (Anteriormente Avante LGTB e Avante LGBT) é unha organización galega conformada por persoas lésbicas, gais, bisexuais, trans, e outras diversidades, que defenden os dereitos do colectivo LGBT+. Esta organización, de ideoloxía nacionalista, feminista e anticapitalista[1], foi fundada en Santiago de Compostela o 27 de setembro de 2017 após dunha asemblea aberta á que asistiron preto de 100 persoas e que tivo lugar na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela[2].

Avante LGBT+
Tipoasociación
Data de fundación2017
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

No ano 2018 Avante LGBT+ atravesou un proceso de expansión territorial que culminaría coa súa Asemblea Nacional Constituínte. Esta xuntanza tivo lugar na Casa do Matadoiro, en Santiago de Compostela, o día 27 de outubro[3]. Nesta asemblea foron escollidas por votación 6 persoas que pasarían a conformar a coordinadora nacional, órgano executivo ao que posteriormente se engadirían 6 integrantes máis en representación das localidades con presenza da organización a esa altura: Santiago de Compostela, Vigo, Ferrol, Lugo, A Coruña, e Pontevedra[4]. Ademais, o pleno da asemblea tomou a decisión de mudar o nome da organización, de "Avante LGTB" como fora fundada, a "Avante LGBT", adoptando a orde internacional das siglas do colectivo no canto da orde preferida en España[5]. Sería na II Asemblea Nacional, celebrada o 7 de decembro do 2019 no local comarcal da Confederación Intersindical Galega en Vigo[6], cando se adoptaría o nome actual da organización, Avante LGBT+, engadindo o "+" para representar as diversidades vítimas da cisheteronorma non recollidas no acrónimo[7].

A comezos do 2022 xurdiron as expansións de Ourense e de Verín, conformando así un total de nove localidades.[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. "Quen somos?". avantelgtb. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2021. Consultado o 2020-11-15. 
  2. "Na tarde de onte unhas 100 persoas xuntamonos na facultade de Filosofía da USC para dar comezo a este proxecto". Twitter. Consultado o 2020-11-15. [sic]
  3. "Asemblea Nacional Constituínte". Twitter. Consultado o 2020-11-15. 
  4. "AVANTE LGBT". Avante LGBT. Consultado o 2020-11-15. 
  5. "Avante LGBT+". www.facebook.com. Consultado o 2020-11-15. 
  6. "Avante LGBT+". www.facebook.com. Consultado o 2020-11-15. 
  7. "Seguindo os acordos tomados na 2ª Asemblea Nacional a nosa organización muda de nome". Twitter. Consultado o 2020-11-15. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar