Avalancha (álbum)

Avalancha é o cuarto álbum de estudio do grupo de rock español Héroes del Silencio, publicado en 1995.

Avalancha
Álbum de Héroes del Silencio
PublicadoSetembro de 1995
Xénero(s)Rock & Roll, Hard Rock
Selo(s)EMI
Producido porAndrew Jackson
Bob Ezrin
Cronoloxía
El espíritu del vino (1993) Avalancha Parasiempre (1996)

Foi gravado nos estudios Soundcastle nos Ánxeles (California) baixo produción de Andrew Jackson e Bob Ezrin. O enxeñeiro de son foi Andrew Jackson e o axudante de enxeñeiro, Chris Roberts.

Características editar

Trátase do disco no que, de xeito doferente a El espíritu del vino e Senderos de traición, marca un gran cambio na música de Héroes del Silencio. Alan Boguslavsky entra oficialmente como integrante oficial e é bautizado por Enrique Bunbury como "o azteca de ouro".

As letras denotan unha preocupación ou un modo de sentir social; a apatía, a angustia, a avaricia, os sentimentos da xente que enarbora a bandeira do estancamento, afloran neste disco.

Avalancha invita a un cambio, non só amosa a madureza do grupo musicalmente falando; aquí invítase a xente a non quedar calada, a se levantar e romper coas cadeas da opresión. É un disco innovador, pero que non alcanza os logros dos seus anteriores traballos, sobre todo con El espíritu del vino.

Un disco que contén moita enerxía, as guitarras son moito máis potentes. Juan Valdivia amosa a súa afección polo hard rock, e amósao en cada riff da súa guitarra. Tamén hai influencias de bandas grunge como Soundgarden ou Alice in Chains. É o álbum máis potente e americano de Héroes del Silencio, e tamén, para algúns, o que mellor aguantou o tempo grazas á súa produción.

As demos foron gravadas nun retiro na zona dos Pireneos chamado El Hospital de Benasque, un lugar que foi aproveitado durante a época laboral para pechalo e comezar a traballar no que fora o seu cuarto traballo de estudio. Ademais, foi un momento para suavizar as relacións que comenzaban a se tornar tormentosas. De aquí, déronse demos que no seu tempo foron publicados por El Exceso SL, en edición limitada, e máis tarde foron publicados no disco Rarezas.

"Babel", "Medicina húmeda", "Virus" e "El hombre malo" (tema que nin en Rarezas se tomou en conta), foron temas que nunca se incluíron. Nun principio tíñase en mente que o disco se chamase Babel, unha perfecta continuación do que fora El espíritu del vino. O álbum foi número un en España e entrou no top 30 en Alemaña.

Contido editar

Lista de cancións editar

Avalancha
Título Duración
1 "Derivas" 00:59
2 "Rueda, fortuna!" 04:08
3 "Deshacer el mundo" 04:47
4 "Iberia sumergida" 05:17
5 "Avalancha" 05:55
6 "En brazos de la fiebre" 04:45
7 "Parasiempre" 04:04
8 "La chispa adecuada" 05:27
9 "Días de borrasca" 06:24
10 "Morir todavía" 04:14
11 "Opio" 06:17
12 "La espuma de Venus" 06:13