El espíritu del vino

El espíritu del vino é o terceiro álbum de estudio do grupo de rock español Héroes del Silencio, publicado no 1993. Foi producido novamente por Phil Manzanera, gravado nos estudios Gallery (Surrey, Chertsey, Londres), e mesturado en Metropolis Studios (Londres).

El espíritu del vino
Álbum de Héroes del Silencio
Publicado27 de setembro de 1993
Estudio(s)Gallery studio,
Chertsey, Inglaterra
Duración71:47
Xénero(s)Hard rock
Selo(s)EMI
Producido porPhil Manzanera
Cronoloxía
Senda '91 (1991) El espíritu del vino Avalancha (1995)

Características editar

Quizais o disco máis exitoso da carreira de Héroes del Silencio, onde explotan a súa faceta máis rockeira, inspirándose no Rock & Roll dos anos 60 e 70, e marcando unha clara influencia do novo Hard Rock, grazas á revitalización do Rock de fala hispana. Aínda quedan algúns matices propios do Rock Gótico.

Ademais, a influencia de Phil Manzanera faise notar máis. Isto non significa que Manzanera lles impuxese coma debíase realiza-la gravación, senón que o traballo fluíu por si só, facéndose presentes as drogas e o exceso.

El espíritu del vino, foi un disco completamente afastado do obscurantismo de Senderos de traición, aínda tendo aspectos propios do rock sinistro. As letras tornáronse moito máis complexas, e é o disco polo que a crítica tachou a Enrique Bunbury de "matacans".

O título non é máis que a inspiración xurdida nun momento no que a agrupación atopábase en pleno estado de ebriedade. As letras son o claro reflexo diso, aínda que tamén, significa a ambigüidade do traballo, que pode pasar de ser brando, a se-lo máis duro e ríxido en canto a música e letras se refire.

Foi número un en España e alcanzou o número nove en Alemaña, o seu maior éxito alí. A presentación mundial do traballo fíxose en Berlín.

Contido editar

Lista de cancións editar

El espíritu del vino
Título Duración
01 "Nuestros nombres" 05:56
02 "Tesoro" 02:18
03 "Los placeres de la pobreza" 04:19
04 "La herida" 06:53
05 "La sirena varada" 04:15
06 "La apariencia no es sincera" 07:02
07 "Z" 00:51
08 "Culpable" 06:03
09 "El camino del exceso" 05:35
10 "Flor de loto" 06:14
11 "El refugio interior" 01:34
12 "Sangre hirviendo" 05:11
13 "Tumbas de sal" 04:32
14 "Bendecida 2" 00:36
15 "Bendecida" 05:59
16 "La alacena" 03:40
17 "Nuestros nombres (Versión Maxi)" 09:26