Senda '91

Senda '91 é un EP en vivo do grupo de Rock español Héroes del Silencio, publicado no 1991.

Senda '91
Álbum de directo de Héroes del Silencio
Edición1991
LanzamentoSetembro de 1991
Duración37:00
Xénero(s)Rock
Selo(s)EMI
Producido porKeith Bessey
Héroes del Silencio
Cronoloxía
Senderos de traición (1990) Senda '91 El espíritu del vino (1993)

Trátase dun EP gravado co soporte da unidade móbil dos estudios Kirios (Madrid) o 25 de setembro de 1991 en Las Rozas (Madrid) e está producido por Keith Bessey e Héroes del Silencio.

Este disco marcou unha etapa na carreira de Héroes del Silencio, no que se xunta o mellor do concerto que se levou a cabo na comunidade de Las Rozas, en Madrid.

No booklet do disco podemos atopar unha serie de "collages" onde amósanse as críticas acollidas durante esta xira, amosadas coma recurtes de xornais, na súa maioría, críticas negativas cara a banda.

Era unha forma de lembrar as cousas malas que a un lle fan chegar, e á súa vez, foi un modo de lembrar o bo, o marabillosa que foi esa xira, por iso incluíuse na arte do disco.

A forma de distribución foi sumamente estraña, posto que a discográfica anunciou que este ía ser unha edición limitada, o grupo argumentou que era un modo de facer un pequeno presente aos seus fans máis asiduos.

Cabe destacar un feito raro que envolvía máis nese misterio á banda, non só polas súas letras, senón por unha mensaxe oculta que se atopa ao final da canción "Hologramas", que se se fai ir o EP cara a atrás, podíase escoitar con claridade unha mensaxe que di así:

Entre cada palabra e sílaba pronunciada coma suco áspero ao percorrer, quedarán mensaxes sen descifrar que escondan mentiras aprendidas.

No tema "Decadencia" inclúese unha magnífica adaptación de "El Cuervo", e en "Con nombre de guerra" inclúense na gravación os erros ao executar a canción.

ContidoEditar

Lista de canciónsEditar

Senda '91
Título Duración
01 "Hace tiempo" 05:17
02 "Maldito duende" 05:24
03 "Decadencia" 08:29
04 "Con nombre de guerra" 04:56
05 "Oración" 04:27
06 "El mar no cesa" 03:18
07 "El cuadro III" 02:43
08 "Hologramas" 03:06