Abrir o menú principal

A auricalcita é un mineral do grupo dos carbonatos. É un mineral secundario produto de alteración da zona de oxidación dos depósitos de zinc e cobre.[1] Minerais asociados son: rosasita, smithsonita, hemimorfita, hidrocincita, malaquita e azurita.[2]

Auricalcita
Aurichalciteescouloubre.jpg
Fórmula química(Zn,Cu2+)5 (CO3)2 (OH)6
ClaseCarbonato
Sistema cristalinoRomboédrico
CorDe azul a verde escuro
BrilloSedoso
Dureza2 (escala de Mohs)
RaiaEsbrancuxada
Densidade3,6 g/cm³

Foi descrito por primeira vez en 1839 por Bottger, quen denominou ao mineral así polo seu alto contido de cinc e cobre, do grego όρειχαλκος (oricalco). O localización tipo áchase na mina Loktevskoye, no río Loktevka, Rudnyi Altai, Altaiskii Krai, Siberia Occidental, Rusia.[3]

DepósitosEditar

No Estado español aparece en forma follosa en Comillas (Cantabria), na Serra de Aralar e na hidrocincita de Urnieta (Guipúscoa), e en La Unión (Murcia). Nos Picos de Europa podémonos encontrar a variedade buratita.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar