A hemimorfita, tamén chamada calamina, é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo sorosilicatos. Calamina é un sinónimo, aínda que este propiamente é o nome que usaban os mineiros para designar á mestura que aparecía frecuentemente de hemimorfita, smithsonita e hidrocincita na parte alta das minas de cinc.

Hemimorfita
Fórmula químicaZn4Si2O7(OH)2·H2O
ClaseSorosilicato
Sistema cristalinoOrtorrómbico
CorBranca, azul ou verdosa
BrilloVítreo
Dureza5 (escala de Mohs)
FracturaConcoidal
ExfoliaciónPerfecta
RaiaBranca
Densidade3,45 g/cm³

Un hidroxisilicato de cinc hidratado, con aspecto de cristais alongados dispostos en costras radiadas, normalmente brancas, mais é frecuente en costras masivas de tonalidades verde ou azul intenso.

Foi denominado hemimorfita debido ao desenvolvemento hemimórfico dos seus cristais. Esta infrecuente forma de cristalización provoca que os cristais rematen en caras desiguais.

Ambiente de formación

editar

Áchase formando vetas e leitos en rochas calcarias estratificadas, na zona de oxidación de sulfuros de cinc e de chumbo, asociada á smithsonita, cerusita, anglesita, galena e esfalerita.

Localización e extracción

editar

Encóntrase en minas de Chihuahua (México), Bélxica, Austria, Gran Bretaña, Alxeria e Estados Unidos. En España é frecuente encontrar hemimorfita na conca mineira do cinc de Asturias e Cantabria. En xeral abunda en todos os depósitos de cinc, chumbo e prata do mundo.

Industrialmente extráese nas minas como mena do cinc, sendo de gran rendemento económica a súa explotación pois contén máis dun 54% de cinc.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Hurlbut, Cornelius S.; Klein, Cornelis, 1985, Manual of Mineralogy, 20th ed., ISBN 0-471-80580-7
  • Boni, M., Gilg, H.A., Aversa, G., e Balassone, G., 2003, The "Calamine" of southwest Sardinia: Geology, mineralogy, and stable isotope geochemistry of supergene Zn mineralization: Economic Geology, v. 98, p. 731-748.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar