Aurelio Miras Azor

mestre, avogado e escritor español

Aurelio Miras Azor, nado en Cidade Real o 10 de xaneiro de 1912[1] e finado no Carballiño o 25 de decembro de 2003,[2] foi un mestre, avogado e escritor español.

Aurelio Miras Azor
Nacemento10 de xaneiro de 1912
 Cidade Real
Falecemento25 de decembro de 2003
 O Carballiño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre, avogado e escritor
FillosAurelio Miras Portugal
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Mestre cursillista de 1933, foi destinado a Amorín (Tomiño) en 1935.[3] En decembro dese ano permutou a súa praza co mestre de Lebozán (Lalín).[4] Na guerra civil foi mobilizado e combateu no exército franquista. Rematada a guerra volveu incorporarse ao seu posto de mestre en Lebozán.[5] Posteriormente licenciouse en Dereito e exerceu como avogado no Carballiño.

ObrasEditar

  • El agüista, 1950.
  • Juventud de Pepa Loba o Cómo la sociedad creó una delincuente, 1968.

Vida persoalEditar

Casou con Esperanza Portugal Careaga e foi pai de Teresa e Aurelio Miras Portugal.

NotasEditar

  1. El Magisterio Español, 2-8-1934, p. 14.
  2. Fallece a los 91 años Aurelio Miras Azor, padre del conselleiro de Emigración
  3. El Pueblo Gallego, 23-7-1935, p. 12.
  4. El Noticiero Gallego, 11-12-1935, p. 2.
  5. El Pueblo Gallego, 7-7-1939, p. 5.