María Teresa Miras Portugal

farmacéutica, bioquímica e bióloga molecular galega

María Teresa Miras Portugal, nada no Carballiño o 19 de febreiro en 1948 e finada en Madrid o 27 de maio de 2021, foi unha científica galega, catedrática de bioquímica e bioloxía molecular da Universidade Complutense de Madrid (UCM), e presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia[1][2][3], sendo a primeira muller en presidir unha Real Academia.[4][5]

Infotaula de personaMaría Teresa Miras Portugal
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1948 Editar o valor em Wikidata
O Carballiño, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de maio de 2021 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Profesora
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbióloga , bióloga molecular , bioquímica , farmacéutica , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid
Universidade de Oviedo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiAurelio Miras Azor Editar o valor em Wikidata
IrmánsAurelio Miras Portugal Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 41012

Traxectoria editar

Estudou farmacia, primeiro na Universidade de Santiago de Compostela, para pasar a finalizar estes estudos na Universidade Complutense de Madrid con Premio Extraordinario e Premio Nacional da Licenciatura de Farmacia en 1971. Ademais, dende 1975 é Docteur Sciences pola Universidade de Estrasburgo, obtendo tamén o Doutoramento en Farmacia pola Universidade Complutense de Madrid. Dende 1982 é catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular nas Universidades de Oviedo, Murcia e Complutense de Madrid. Dedicouse á investigación durante máis de 40 anos.[6]

Estaba especializada no estudo dos receptores de nucleótidos e a súa repercusión en doenzas neurodexenerativas, e a súa investigación diríxese fundamentalmente ás neurociencias (funcionamento sináptico, neurotransmisión mediada por nucleótidos, interacción de neurotransmisores etc.).

Publicou máis de 200 artigos de investigación en revistas especializadas, e compaxina o seu labor docente e institucional coa investigación. En 2012, foi nomeada presidenta do Comité de Expertos para o estudo da necesidade de reformas na universidade española.[2]

Recoñecementos editar

A Xunta de Galicia concedeulle o Premio María Josefa Wonenburger Planells en 2008. Entre outros moitos premios e recoñecementos ó seu labor investigador e docente, no ano 2011 a Comunidade de Madrid concedeulle o Premio de Investigación Miguel Catalán, por toda a súa traxectoria profesional e, en 2016 recibiu a Medalla Castelao.[7] En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[8]

Vida persoal editar

Foi filla de Aurelio Miras Azor e irmá de Aurelio Miras Portugal, estaba casada e tiña dous fillos.

Notas editar

  1. ranf.com (ed.). "Perfil na Real Academia Nacional de Farmacia". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 SEBBM (ed.). "La universidad española necesita una profunda revisión". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  3. Tribuna Complutense (ed.). "Parece que en España no estamos orientados a obtener un beneficio de las ideas". Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  4. "Fallece María Teresa Miras Portugal, la bioquímica ourensana que quiso cambiar la Universidad española". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-05-28. Consultado o 2021-10-19. 
  5. Pereiro, Xosé Manuel (2021-05-31). "Muere María Teresa Miras, la primera mujer en presidir una Real Academia". El País (en castelán). Consultado o 2021-10-19. 
  6. madridmas (ed.). "En Ciencia sin imaginación se envejece rápido". Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  7. "Medallas Castelao 2016", El Progreso.
  8. García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2023-02-11. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar