Aureli Argemí i Roca

teólogo e activista político catalá

Aureli Argemí i Roca (chamado en realidade Ignasi Argemí Roca), nado en Sabadell1 de febreiro de 1936 e finado o 1 de abril de 2024,[1][2] foi un teólogo e activista político catalán.

Infotaula de personaAureli Argemí i Roca

(2009) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1936 Editar o valor em Wikidata
Sabadell, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de abril de 2024 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Presidente CIEMEN (en) Traducir
1974 – 2010
← sen valor – Carles Riera i Albert → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSabadell Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónteólogo , activista político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Fundou o Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i Nacionals (CIEMEN) –do que foi presidente emérito–,[3] e tamén foi un firme defensor dos dereitos nacionais dos Países Cataláns.[4] Foi tamén un rererente internacional na defensa dos dereitos dos pobos, dos dereitos lingüísticos, da paz e da solidariedade internacional.[5]

Era fillo do doutor Joan Argemí i Lacoma e de Carme Roca Jolonch, e irmán do tamén doutor Joan Argemí . Aureli viviu na abadía de Montserrat entre 1946 e 1964, primeiro como escolar e despois como monxe.[6] Licenciouse en dúas ramas de Teoloxía na Universidade Sant Anselm de Roma e no Instituto Católico de París. Entre 1965 e 1968 foi secretario do abade de Montserrat Aureli Maria Escarré i Jané e acompañouno cando as autoridades franquistas o obrigaron ao exilio.[7] Ambos os dous establecéronse en Viboldone, preto de Milán, ata que Escarré morreu en 1968. Dende entón instalouse na abadía de Cuixà (El Conflent ). Alí colaborou en varias iniciativas da resistencia antifranquista e en 1974 funda CIEMEN. En 1981 foi un dos impulsores da Chamada á Solidariedade en Defensa da Lingua, a Cultura e a Nación Catalás.[6]

En 1985 deixou a vida monástica. Dedicouse máis plenamente ao traballo do CIEMEN de Barcelona, e en 1988 promoveu a creación da Conferencia de Nacións Sen Estado de Europa Occidental. En 1993 creou a Fundación para os Dereitos Colectivos dos Pobos, da que foi presidente. En 1996 foi cofundador da Asociación Coordinadora da Lingua Catalá (CAL) e foi un dos promotores e editores da Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, da que foi copresidente da Comisión de Seguimento. En 2005 participou na fundación da Plataforma polo Dereito a Decidir, da que foi presidente.

Dirixiu a revista Europa de les Nacions e o xornal dixital Nationalia e tamén o Centre Mercator Dret i Legislació Lingüístics.

Foi membro do Consello Social da Lingua Catalá, presidente da sección catalá da Axencia Europea das Linguas Minoritarias e copresidente da asociación Diverslinguae.

En 2010 recibiu a Medalla d’Honor de la Ciutat de Barcelona e en 2016 a Creu de Sant Jordi.[8]

Obras editar

  • Chiesa fascista e Stato Cattolico in Spagna (Igrexa fascista e Estado católico en España) (1970)
  • Il carcere vaticano (A prisión do Vaticano) (1972)
  • Rivoluzione o morte (Revolución ou morte) (1974) sobre o Proceso de Burgos
  • I Paesi Catalani (Os Países Catalans) (1979)
  • Sobirania o submissió (Soberanía ou submisión) (1993)
  • Això és Europa (Isto é Europa) (2002)
  • Petita història de l'abat de Montserrat Aureli M. Escarré (Breve historia do abade de Montserrat Aureli M. Escarré) (2008)
  • La llavor sembrada. Memòries (A semente sementada Memorias) (2023)

Notas editar

  1. "Aureli Argemí: 'Catalunya té una gran responsabilitat en la construcció de la nova Europa dels pobles'". VilaWeb (en catalán). Consultado o 2024-04-02. 
  2. "S'ha mort Aureli Argemí, fundador del CIEMEN, secretari de l'abat Escarré i referent durant dècades de l'independentisme". VilaWeb (en catalán). Consultado o 2024-04-02. 
  3. "Aureli Argemí: 'Catalunya té una gran responsabilitat en la construcció de la nova Europa dels pobles'". VilaWeb (en catalán). Consultado o 2024-04-02. 
  4. "Aureli Argemí i Roca". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  5. ARA (2024-04-02). "Mor als 88 anys Aureli Argemí, fundador del CIEMEN i referent de l'independentisme". Ara.cat (en catalán). Consultado o 2024-04-02. 
  6. 6,0 6,1 Relats, Vicenç «Aureli Argemí. Referent mundial de la lluita pels drets de les llengües i dels pobles». Vallesos, 26, páx. 36-37. ISSN: 2014-1882.
  7. "Aureli Argemí: 'Catalunya té una gran responsabilitat en la construcció de la nova Europa dels pobles'". VilaWeb (en catalán). Consultado o 2024-04-02. 
  8. "Aureli Argemí i Roca enciclopedia.cat". www.enciclopedia.cat (en cat). Consultado o 2024-04-02.