Astilleros Gondán

Astilleros Gondán é unha empresa naval asturiana con sede nas Figueiras, Castropol, na ría de Ribadeo.

Astilleros Gondán SA
Gondán Shipbuilders

Barco Edda Ferd, ao fondo Gondán.
TipoSociedade Anónima
FundaciónSéculo XIX
LocalizaciónPuerto de Figueras, s/n, 33794 Castropol, Asturias Asturias
FundadorFrancisco Díaz Fernández
Persoas claveÁlvaro Platero (Director)
IndustriaNaval
ProdutosBuques, offshore
Beneficio73 672 742 € (en 2016)[1]
Número de empregados50 propios (uns 580 cos das auxiliares, en 2016)[2]
editar datos en Wikidata ]

Adícase á fabricación de buques pesqueiros de alta tecnoloxía, remolcadores, buques auxiliares, patrulleiras, buques militares e de pasaxeiros. Leva construídos máis de 300 buques.[3]

Historia editar

As orixes da empresa están nun pequeno obradoiro adicado a facer buques de pesca litoral en madeira. En 1925, fúndase Astilleros Gondán e trasládanse á localización actual. En 1969, inician a construción de pesqueiros en aceiro, construíndo 100 en 10 anos. En 1978, comezan a fabricar buques para armadores estranxeiros. En 1995, comezou a fabricación de todo tipo de buques. En 2009, iniciou a construción de buques en fibra de vidro.

Fabricación editar

Ó longo da súa historia, de fabricar só barcos de pesca a nivel España pasou á internacionalización cunha gran diversidade de barcos, dende catamaráns de pasaxe[4] a patrulleiras para a Garda Civil ou países estranxeiros, pasando por buques de subministración a estacións petrolíferas,[5] remolcadores ou barcos-escola.

Instalacións editar

  • Porto de As Figueiras, base da "división aceiro"'.[6]
  • Planta de Castropol (Porto da Veiga), base da "división fibra".
  • Polígono Industrial de Barres.

Gondán ten certificacións ISO 9001, ISO 14001 e OHSAS 18001.

Recoñecementos editar

  • Stril Luna, buque de apoio a plataformas petrolíferas, elixido buque do ano en Europa en 2014.[3][7]
  • Premio Familia Empresaria de Asturias 2015.[8]
  • Premio de OSJ polo buque Edda Ferd de mantemento de torres eólicas en 2017.[9]
  • Premios ao Impulso empresarial 2021 do Idepa (Instituto de Desarrollo Económico del Principado).[10]

Notas editar

  1. Astilleros Gondan Sa en eleconomista.es
  2. Gondán llega a los 580 trabajadores, su récord histórico de empleo en La Voz de Galicia
  3. 3,0 3,1 Pino, José (2016-03-22). "Astilleros Gondán, patrimonio vivo". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 2023-08-27. 
  4. Busto, F. del (11 de marzo de 2023). "Gondán supera las pruebas y parte a Lisboa". elcomercio.es (en castelán). Consultado o 27 de agosto de 2023. 
  5. Redacción (20 de marzo de 2022). "Nuevo barco a la mar en Astilleros Gondán". tpa.es (en castelán). Consultado o 27 de agosto de 2023. 
  6. "Astilleros Gondán tiene carga de trabajo garantizada hasta principios de 2021". La Voz de Asturias (en castelán). 2019-03-10. Consultado o 2019-03-11. 
  7. EFE (27 de marzo de 2013). "Un barco de Astilleros Gondán, premio europeo por respeto al medio ambiente - Expansion.com". www.expansion.com (en castelán). Consultado o 27 de agosto de 2023. 
  8. C, P. (2016-02-13). "Astilleros Gondán de Castropol, premio Familia Empresaria de Asturias 2015". La Nueva España (en castelán). Consultado o 2023-08-27. 
  9. "Premio de OSJ para el último proyecto de GONDAN". gondan.com (en castelán). Consultado o 2023-08-27. 
  10. "Excade, Astilleros Gondán y PMG Asturias Powder Metal, premios al Impulso empresarial 2021 del Idepa". lne.es (en castelán). 23 de setembro de 2021. Consultado o 27 de agosto de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar