Abrir o menú principal

Asociación Galega de Produtoras Independentes

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) é unha asociación empresarial pioneira do sector audiovisual galego creada en 1994 e que agrupa a máis de trinta empresas produtoras de cine, televisión, publicidade e servizos, contribuíndo activamente á consolidación e desenvolvemento da industria audiovisual de Galicia.

TraxectoriaEditar

AGAPI ten especial interese na constante evolución e actualización de coñecementos dos profesionais da industria audiovisual, polo que, desde a súa creación, organizou numerosos seminarios de formación especializada, que abarcan desde os aspectos máis creativos até os máis innovadores e tecnolóxicos.

Conscientes da importancia da internacionalización e comercialización dos produtos audiovisuais, AGAPI organizou en 2004 a presenza por primeira vez dunha representación de Galicia no maior e máis importante mercado de contidos audiovisuais do mundo, o MIPCOM de Cannes.

Seguindo nesta liña, AGAPI tamén realizou o primeiro Catálogo da Produción Audiovisual de Galicia.

Algunha das últimas e importantes accións de AGAPI foron a súa participación no proceso de elaboración para a aprobación da nova Lei do Cine (Lei 55/2007); AGAPI tomou parte neste proceso como única asociación de empresas produtoras independentes convidada a comparecer no Congreso dos Deputados, e a organización dos encontros profesionais "Novas Formas de Distribución e Consumo Audiovisual - NOVOMED" e o "Foro de Marketing e Comercialización Audiovisual".

A Asociación entende que o audiovisual é un sector estratéxico e de futuro para Galicia; o audiovisual tamén é industria cultural, conxugando intereses empresariais e culturais nunha mestura na que os dous elementos teñen a mesma importancia e fortaleza.

Empresas asociadasEditar

Lista de empresas produtoras asociadas en AGAPI en 2012 (entre parénteses, localidade onde ten a súa sede):

Véxase taménEditar