Asemblea de Madrid
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
A Asemblea de Madrid (en castelán: Asamblea de Madrid) é o parlamento autonómico da Comunidade de Madrid. Representa os habitantes da rexión exercendo a potestade lexislativa. Aproba os orzamentos do goberno rexional e controla e impulsa a acción política e de Goberno. Os deputados que forman a Asemblea de Madrid son elixidos por un prazo de catro anos mediante sufraxio universal, libre, igual, directo e segredo. O edificio da Asemblea de Madrid, inaugurado en 1998, está situado na praza Asemblea de Madrid, 1, no distrito de Puente de Vallecas, en Madrid.
Composición
editarA Asemblea de Madrid componse dos seguintes grupos parlamentarios:
Partidos políticos na Asemblea de Madrid durante a X Lexislatura | ||||
Nome | Candidato | Escanos | ||
Partido Popular | Cristina Cifuentes | 48 | ||
Partido Socialista Obrero Español | Ángel Gabilondo | 37 | ||
Podemos | José Manuel López | 27 | ||
Cidadáns - Partido da Cidadanía | Ignacio Aguado | 17 |
Presidentes
editarA actual presidenta da Asemblea de Madrid na X Lexislatura é Paloma Adrados, do Partido Popular tralas eleccións de 2015.
Lista de Presidentes da Asemblea de Madrid | |||
Nome | Partido | Ano inicio | Ano fin |
Ramón Espinar Gallego | PSOE | 1983 | 1987 |
Rosa María Posada Chapado | CDS | 1987 | 1991 |
Pedro Díez Olazábal | IU | 1991 | 1995 |
Juan Van-Halen Acedo | PP | 1995 | 1999 |
Jesús Pedroche Nieto | PP | 1999 | 2003 |
Concepción Dancausa Treviño | PP | 2003 | 2007 |
Elvira Rodríguez | PP | 2007 | 2011 |
José Ignacio Echeverría | PP | 2011 | 2015 |
Paloma Adrados | PP | 2015 |
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web da Asemblea de Madrid Arquivado 05 de outubro de 2006 en Wayback Machine. (en castelán).