As letras das mulleres
"As letras das mulleres" é unha colección literaria de narrativa traducida ao galego (agás para as obras de Rosalía de Castro, Pardo Bazán e Concepción Arenal, escritas en castelán e mantidas aquí nesa lingua) publicada en colaboración entre o Servizo Galego de Igualdade da Xunta de Galicia[1] e a editorial Sotelo Blanco.[2]
Historia e características
editarA colección comezou a distribuírse en 2004. O primeiro título publicado foi A cidade das mulleres.[3]
O seu obxectivo é a divulgación de obras fundamentais, de ficción ou ensaio, escritas por mulleres, así como fomentar o recoñecemento do labor intelectual co que as mulleres contribuíron á cultura universal ao longo da historia.[4]
Os libros foron prologados por expertos como María del Carmen Pallares Méndez (caso de A cidades das mulleres), María Jesús Lorenzo Modia (Vindicación dos dereitos da muller), Jorge Figueroa Dorrego[5] (A dama solitaria) ou Carme Alvariño (Escritos políticas e literarios).
Crítica
editar“ | " Non podemos evitar criticar este “esforzo económico” da administración: quizais unha edición máis “modesta” (sen tapas duras, sen papel groso e, sobre todo, sen empregar no que sería o paratexto icónico –tamén representativo da ideoloxía– necesariamente cores tradicionalmente identificativos do “feminino” -rosa e lila-), un verdadeiro compromiso polo idioma galego e por discursos contemporáneos (non históricos) e verdadeiramente fundamentais do feminismo actual (necesarios neste contexto de chegada) podería dar cabida a unha colección máis necesaria." | ” |
Títulos
editarNotas
editar- ↑ Igualdade presentou un novo volume da colección 'As letras das mulleres' dedicado á escritora Eliza Haywood, nova recollida na páxina web da Xunta de Galicia.
- ↑ Colección na páxina web da editorial.
- ↑ A editorial Sotelo Blanco inicia unha colección de libros feministas, nova en La Voz de Galicia o 6 de xullo de 2004.
- ↑ A (re)escritura das marxes. Tradución e xénero na literatura galega, por Patricia Buján Otero e María Xesús Nogueira Pereira, 2011.
- ↑ A ficción amatoria de Eliza Haywood, por Francisco Martínez Bouzas o 4 de xaneiro de 2011.
- ↑ A (re)escritura das marxes. Tradución e xénero na literatura galega, 2011
- ↑ Ficha da obra na BNE. Título e introdución (a cargo de Celia Pereira Porto en galego; texto en castelán.