As humanas proporcións

obra literaria de Xesús Constela

As humanas proporcións é un libro de 12 relatos curtos, escrito por Xesús Constela no ano 2003.

As humanas proporcións
Autor/aXesús Constela
OrixeEspaña
LinguaGalego
ColecciónLiteraria
Xénero(s)Narrativa
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.2004
Páxinas150
ISBNISBN 978-84-8288-721-0
editar datos en Wikidata ]

Características editar

 
Detalle do cadro O matrimonio Arnolfini, empregado para ilustrar a portada do libro.

As humanas proporcións configura unha proposta literaria que procura desmontar convencións e tópicos mediante un estilo directo e orixinal. Os seus relatos están escritos con técnicas diversas. O libro descobre unha dimensión nova do mundo cotián percorrendo todas as facetas da vida humana: o nacemento e a vellez, o corpo vivo cambiante, e tamén a desesperación e a morte, o poder e a procura da liberdade, a violencia individual e a social, o amor e a parella.

Relatos que o compoñen editar

  • "As lembranzas todas"
  • "Non escoites a Giovanna"
  • "Celia e o príncipe"
  • "Onde estás, meu amor, Sangare?"
  • "Lily"
  • "Algarismos"
  • "Burbulla"
  • "Geographos"
  • "A sementadora de estrelas"
  • "Son unha raia"
  • "Tiñádelo que ver"
  • "Na fraga"

Premios editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar