Artur da Costa e Silva


Arthur da Costa e Silva, nado en Taquari o 3 de outubro de 1899 e finado no Río de Xaneiro o 17 de setembro de 1985, foi un militar e político brasileiro, presidente do seu país entre 1967 e 1969.

Infotaula de personaArtur da Costa e Silva
Biografía
Nacemento3 de outubro de 1899 Editar o valor em Wikidata
Taquari (Estados Unidos do Brasil) Editar o valor em Wikidata
Morte17 de setembro de 1985 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Río de Xaneiro (Ditadura militar no Brasil) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Cargos
Presidente do Brasil
Período15 de marzo de 1967
31 de agosto de 1969
AntecesorHumberto de Alencar Castello Branco
SucesorEmílio Garrastazu Médici
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia Militar das Agulhas Negras (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar
Partido políticoAliança Renovadora Nacional - ARENA
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Brasileiro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarMariscal Editar o valor em Wikidata
ConflitoRevolta dos 18 do Forte de Copacabana (pt) Traducir, Revolução Constitucionalista de 1932 (pt) Traducir e segunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeIolanda Barbosa Costa e Silva
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Costa_Silva-1

Traxectoria editar

Fillo de comerciantes portugueses da Illa da Madeira, iniciou a súa carreira militar en Porto Alegre. En 1918 foi para a Escola Militar de Realengo, na cidade do Río de Xaneiro.

En 1952 acadou o grao de xeneral, atinxindo o posto máximo de Xeneral de Exército en 1961. Durante o goberno de João Goulart participou da represión de movementos estudantís, e foi afastado do comando do IV Exército. Despois de 1963 participou da conspiración que derribou João Goulart a través dun golpe de Estado e levou ó poder o mariscal Humberto de Alencar Castello Branco. No goberno deste foi Ministro da Guerra e aliñouse cos militares da chamada "liña dura".

Postulouse candidato á sucesión de Castello Branco e foi elixido polo Congreso como o seu sucesor, asumindo o goberno o 15 de marzo de 1967. Durante o seu goberno intensificáronse as manifestacións contra o réxime militar, principalmente de estudantes universitarios e de colexios, respondidas a través de máis endurecemento do réxime e represión.

O 31 de agosto de 1969 Costa e Silva sufriu un derramo cerebral e foi afastado do goberno. Finou 17 de decembro de 1985.[1]

Vida persoal editar

Casou con Iolanda Barbosa Costa e Silva, filla dun militar.

Presidente do Brasil

Segue a:
Humberto de Alencar Castello Branco
Artur da Costa e Silva
Precede a:
Emílio Garrastazu Médici
ARENA

Notas editar

  1. "Presidência da República Federativa do Brasil - Galeria de Presidentes". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2008. Consultado o 14 de marzo de 2009.