Alianza Renovadora Nacional

A Alianza Renovadora Nacional (en portugués: Aliança Renovadora Nacional, ARENA) foi un partido político brasileiro creado o 4 de abril de 1965 coa intención de apoiar ao novo goberno militar xurdido tras o Golpe Militar de 1964 no Brasil. Era un partido fundamentalmente conservador e autoritario.

Alianza Renovadora Nacional
Aliança Renovadora Nacional
Historia
Fundación4 de abril de 1965
Disolución20 de decembro de 1979 [1]
Posicións políticas
IdeoloxíaDereita - Extrema Dereita
Outros datos
SedeRúa Senador Dantas nº 70
Río de Janeiro

Historia editar

 
Bandeira do ARENA

A súa creación tivo lugar coa instauración do bipartidismo mediante a lei institucional número 2. En 1980 o pluripartidismo sería legalizado e de ARENA xurdiron o Partido Democrático Social (actualmente coñecido como Partido Progresista) e o Partido da Fronte Liberal (actual Demócratas).

O bipartidismo creou dúas liñas políticas no Brasil. A oficialista, protagonizada por ARENA, e a oposicionista, representada polo Movemento Democrático Brasileiro.

O partido foi disolto oficialmente o 20 de decembro de 1979, ao entrar en vixencia a nova Lei de Partidos Políticos.[2] A ARENA foi disolta de maneira oficial polo Tribunal Superior Electoral o 15 de febreiro de 1980 ao aplicar a nova Lei Electoral que regulaba os partidos políticos.[3]

Resultados electorais editar

Eleccións presidenciais editar

Ano Candidato Votos en
Colexio Electoral
Porcentaxe
de votos
1966 Artur da Costa e Silva 294 100 %
1969 Emílio Garrastazu Médici 293 100 %
1974 Ernesto Geisel 400 84 %
1978 João Figueiredo 355 61,1 %

Cámara de Deputados editar

Ano Votos Porcentaxe Escanos
1966 8 731 638 64,0 % 277
1970 10 867 814 69,5 % 223
1974 11 866 599 52,2 % 203
1978 15 053 387 50,4 % 231

Senado editar

Ano Votos Porcentaxe Escanos
1966 7 719 382 56,6 % 19
1970 20 524 470 60,4 % 40
1974 10 067 796 41,0 % 6
1978 13 116 194 42,9 % 15

Notas editar

  1. Disolución e posterior transformación no Partido Democrático Social
  2. Lei de Partidos Políticos (en portugués).
  3. Tribunal Superior Electoral (15 de febreiro de 1980). "Cancelamento" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de agosto de 2012. Consultado o 7 de agosto de 2017.