Abrir o menú principal

Arnoia, Arnoia

obra literaria de Xosé Luís Méndez Ferrín

Arnoia, Arnoia é unha novela de Xosé Luís Méndez Ferrín, publicado por primeira vez en 1985, e incluído na Lista de Honra do IBBY en 1988. Está dedicado a Oriana, Roi e Cristal. Levaba en 2012 sete edicións, catro delas dentro da colección Fóra de Xogo da editorial Xerais. Foi traducido ao castelán por Xavier Rodríguez Baixeras para a editorial Anaya no 1990.

Arnoia, Arnoia
Autor/aXosé Luís Méndez Ferrín
OrixeGaliza
Linguagalego
Xénero(s)Novela, literatura infantil e xuvenil
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.1985
Páxinas104
ISBNISBN 978-84-9782-603-7
Precedido porDe Pondal a Novoneyra, 1984

O libroEditar

O libro narra a viaxe de Nmógadah, un dos Príncipes Segredos das terras de Arnoia, na procura de aventuras.

  • Capítulo 1: Nmógadah é apresado polos policías Montaos tralo asasinato da súa nai, Mai Loretta. Estes lévano ata unha pousada en Armenia (cerca das portas de Ulfe, na fin das antigas terras de Tagen Ata). Alí encérrano cun castrón co poder de comunicarse mentalmente chamado Mestre Lionel. Xunto con este consegue fuxir da prisión grazas ao Libredón, unha marca estrelada que leva na man que lle permite atravesar a parede.
  • Capítulo 2: O rapaz e o castrón atopan un castelo mentres fuxían. Trátase do castelo dos Leabertkolm, unha raza de xigantes. Alí son apresados, e para poder ser liberados deben solucionar unha adiviña que lles propón o rei dos xigantes, Hannak Oberzen. Soluciónana mais, ao facelo, un Príncipe Segredo de dezaseis anos como Nmógadah, Oberzen enfurece e carga contra eles coa súa ollada de lume, poder que o fixo rei. Pero Mestre Lionel consegue confundir os xigantes e el e Nmógadah logran fuxir.
  • Capítulo 3: Tras disto conseguen ir á selva de Brocelandia, onde se atopan con Grutanka, un cabaleiro fillo dun deus vello. Este ensínalles onde se atopa a máxica espada Milmanda. Está nunha fonte onde hai unha estatua de alabastro dunha dama da que Nmógadah se namora. Pero caen nunha trampa.
  • Capítulo 4: Os Grou, unha tribo de mineiros, aprésanos, desármanos e sepáranos. Nmógadah é obrigado a traballar de mineiro na busca da Trabe de Ouro dos Profundos que os Grou levan buscando séculos. Pero grazas a unha mensaxe de Mestre Lionel coñece a Ronaldo Macsen, outro preso que está á cabeza dun grupo de escravos que intenta fuxir da mina; fuxindo de novo, coas armas.
  • Capítulo 5: Logo conseguen enrolarse nunha caravana dos Outigulam que se dirixe a Lee Poeirento, a seguir a rota do Sol. Nunha parada, o ex-oficial Brandaberis cítalle a Nmógadah as Oito Palabras Retorneadas que non debe esquecer, xa que o acompañarán toda a vida.
  • Capítulo 6: Ao chegaren a Fisterra, Mestre Lionel e Nmógadah abandonan a caravana dos Outigulam e conseguen unha embarcación para ir a Arnoia, a terra de Nmógadah. No Calpurnia Abana, o clíper, viaxan tamén o capitán Grandaux e o contramestre Xamirás Kaebr. Nmógadah descobre que a filla morta de Grandaux, Calpurni Abana, era a rapariga da fonte. Entón o primeiro oficial Amadou arma un motín e bota a Nmógadah, Mestre Lionel e Xamirás Kaebr nun bote.
  • Capítulo 7: Despertan enriba de Lira Mascato, unha aguia xigante. Esta lévaos onda Calpurnia Abana, que está no pazo de cristal das damas mortas Finechrinn, chamado Francastel. Ela droga a Nmógadah coa flor Chunnilain, mentres que Mestre Lionel e Xamirás Kaebr foxen de alí, intuíndo que algo non vai ben. Van á Serra da Boa Esperanza ou Delourabana, terra dos Hirr Henn Ys, que lles certifican que Nmógadah está nunha trampa das Finechrinn, pero que o poden salvar grazas aos seus pexegos, que anulan o efecto das Chunnilain. Así entran nun conflito que enfronta aos Hirr Henn Ys contra as Finechrinn e Lira Mascato. Finalmente conseguen liberar a Nmógadah e acabar coas Finechrinn e Lira Mascato (que Nmógadah mata coa Milmanda).
  • Capítulo 8: Tras isto, Mestre Lionel despídese de Nmógadah e Xamirás Kaebr. Cada un colle unha das camelias do regreso, que os levarán aos seus respectivos destinos. Porén cando Nmógadah colle a súa crendo que volverá a Arnoia equivócase, xa que nunca houbo tal Arnoia. Cando colle a Milmanda, descobre que esta se apaga e que el mesmo deixa de ser un Príncipe Segredo.

TraduciónsEditar

Ao castelán por Xavier Rodríguez Baixeras co título de Arnoia, Arnoia publicado en 1990 por Editorial Anaya, Colección Luna de papel[1].

NotasEditar

  1. "Arnoia, Arnoia". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-23. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar