Arnoglossus rueppelii

Arnoglossus rueppelii
Rapapelos estreito
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Bothidae
Xénero: Arnoglossus
Especie: A. rueppelii
Nome binomial
Arnoglossus rueppelii
(Cocco, 1844) [1]

Arnoglossus rueppelii é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos bótidos,[1] coñecida en galego como rapapelos estreito.[2]

Taxonomía

editar

A especie foi descrita por primeira vez en 1844 polo médico e ictiólogo italiano Anastasio Cocco, baixo o nome de Peloria rueppelii.[1]

Características

editar

As principais características morfolóxicas desta especie son:[3][4]

  • Corpo ovalado, esvelto, deprimido e moi delgado, de até os 15 cm de lonxitude como máximo.
  • Ollos situados no lado esquerdo da cabeza, moi xuntos, e separados por unha crista ósea moi aparente. O ollo inferior está un pouco atrasado con respecto ao superior.

Hábitat, distribución e bioloxía

editar

É unha especie mariña, demersal, que vive a profundidades de entre os 85 e os 550 m (máximo, 897 m), sobre fondos areosos e fangosos*.[3][4]

Distribúese polas costas do Atlántico oriental entre os 46° N e os 23° N, e entre os 20° W e os 35° E, desde o estreito de Xibraltar até o cabo Bojador (Sáhara Occidental) e as illas Canarias, cara ao leste, e o Mediterráneo, até o mar Negro, cara ao leste.[3][4][5]

Aliméntase de pequenos peixes e invertebrados bentónicos.[3][4][5]

A desova prodúcese durante o outono, no Mediterráneo.[3][5]

O rapapelos estreito é un peixe comestíbel, pescándose nas zonas onde vive.[2]

Estado de conservación

editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualificou o status desta especie na actualidade (2015), como LC (pouco preocupante), debido a que está amplamente distribuída e non é moi interesante para a pesca comercial, aínda que se captura incidentalmente nalgunhas pescarías doutras especies. Ao igual que outros membros do seu xénero, é probábel que sexa relativamente común.[5]

Ameazas

editar

Arnoglossus rueppelii captúrase nas actividades pesqueiras que operan no mar de Alborán, no Mediterráneo occidental (Abad et al. 2007).[6] Neste estudo comprobouse que constituía unha porción relativamente pequena das capturas. A pescaincidental desta especie é pouco probábel que sexa unha grande ameaza para a súa supervivencia. Debido a que habita en augas profundas é pouco probábel que sexa afectada pola contaminación e o desenvolvemento costeiro.[5]

Parasitos

editar

Esta especie é atacada, entre outros, por parasitos das seguintes familias:[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 Arnoglossus rueppelii (Cocco, 1844) no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 79.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Froese, R. & D. Pauly, editors (2015): Arnoglossus rueppelii (Cocco, 1844) en FishBase.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Arnoglossus rueppelii Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Encyclopedia of Life.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Arnoglossus rueppelii na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.
  6. Abad E.; I. Preciado, A. Serrano & J. Baró (2007): "Demersal and epibenthic assemblages of trawlable grounds in the northern Alboran Sea (western Mediterranean)". Scientia Marina 71 (3): 513-524.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Aldebert, Y.; M. Desoutter & J.-C. Quéro (1990): "Bothidae". En J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Vol. 2. pp. 1027-1036.
  • Fenner, Robert M. (2001): The Conscientious Marine Aquarist. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications.
  • Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4ª edición, Upper Saddle River, New Jersey, USA: Prentice-Hall.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar