Armando Ojea

político galego

Armando Ojea Bouzo, nado en Ourense en 1962, é un político galego, un dos ideólogos e fundadores de Democracia Ourensana (DO). Foi tenente de alcalde, concelleiro e deputado provincial de Ourense.[1] Tras as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, foi elixido deputado por DO para a XII Lexislatura do Parlamento de Galicia.[2]

Modelo:BiografíaArmando Ojea
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Ourense (España) Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento de Galicia
2024 –
Deputado provincial
2019 – 8 de xaneiro de 2024 (Incompatibilidad)
Circunscrición electoral: Deputación de Ourense
Concelleiro
13 de xuño de 2015 – Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, teclista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoDemocracia Ourensana Editar o valor en Wikidata

Twitter: Armando_Ojea1 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Armando Ojea foi un dos fundadores que en 2001 creou xunto a Gonzalo Pérez Jácome o partido provincial Democracia Ourensana (DO).[3][4] A finais de febreiro de 2015, antes da campaña das eleccións municipais de maio, dimitiu a até entón número dous de DO, Susana Gómez Valencia.[5] Logo da dimisión e como preparación para a campaña electoral que prometía mellorar os resultados dos partidos maioritarios, Jácome elixiu a Armando Ojea como novo número dous da lista e por tanto do partido.[6]

En 2019, co acordo entre o Partido Popular de Galicia e Democracia Ourensana para manter a Xosé Luís Baltar (PPdeG) á fronte da deputación e a Gonzalo Pérez Jácome (DO) como alcalde de Ourense, Armando Ojea converteuse en tenente de alcalde do consistorio de Jácome.[7]

En outubro de 2023, Gonzalo Pérez Jácome anunciou a intención de que o partido provincial DO se presentase ás xa anunciadas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024. Non foi até o 15 de novembro de 2023 que se anunciaría que o candidato que DO presentaría aos comicios non sería Jácome, alcalde de Ourense, senón Armando Ojea, número dous do partido.[8]

O 8 de xaneiro de 2024 deixou a súa acta de deputado provincial na Deputación de Ourense para asumir a campaña electoral de DO ás eleccións galegas, nas que o partido só se presentaba pola circunscrición electoral de Ourense.[9]

Polémicas

editar

Petición de dimisión das XSG

editar

En 2019, as Xuventudes Socialistas de Galicia solicitaron a dimisión do daquela edil de DO, Armando Ojea, por consideralo «tránsfobo».[10] Esta acusación xurdiu duns comentarios que Ojea realizou na súa conta da rede social Twitter co adaxo da proposta de poder indicar cun «X» no xénero do Documento Nacional de Identidade.

Renuncia en bloque de concelleiros de DO

editar

En 2020, por mor dunhas acusacións de corrupción que afectaban tanto ao alcalde de DO, Gonzalo Pérez Jácome, como ao propio Armando Ojea, comezou unha guerra intestina no grupo municipal de DO no concello de Ourense,[11][12] sendo encabezado o grupo díscolo polo daquela voceiro municipal, Miguel Caride.[13] Tras a negativa de Jácome a dimitir, os cinco concelleiros críticos acabaron dimitindo como protesta ante as actuacións e postura do seu alcalde.[14]

  1. Redacción (2024-2-5). "Así es Armando Ojea Bouzo, candidato de Democracia Ourensana a la presidencia de la Xunta de Galicia". Onda Cero. Consultado o 2024-2-19. 
  2. Agencias (2024-2-19). "Quién es Armando Ojea, el candidato de Democracia Ourensana que ha entrado al Parlamento gallego". 20 minutos. 
  3. Redacción (2024-2-18). "Así es Armando Ojea, el 'número dos' del alcalde de Ourense y candidato de Democracia Ourensana". Telecinco. Consultado o 2024-2-19. 
  4. ES Radio Galicia (2023-11-23). "Entrevista a Armando Ojea". Es Radio. Consultado o 2024-2-19. 
  5. Ascón, Miguel (2015-2-25). "Dimite la número dos de Democracia Ourensana ante su «rumbo» político". La Voz de Galicia. Consultado o 2024-2-19. 
  6. Ascón, Miguel (2015-4-19). "Las mujeres, en su mayor parte relegadas a segundos puestos". La Voz de Galicia. Consultado o 2024-2-19. 
  7. Redacción (2019-6-14). "El PP entrega a Jácome la alcaldía de Ourense a cambio de mantener a Baltar". La voz de Galicia. Consultado o 2024-2-19. 
  8. Redacción (2023-11-15). "Armando Ojea será el candidato de DO para las elecciones autonómicas de Galicia". La Región. Consultado o 2024-2-19. 
  9. Iglesias, Brais (2024-1-8). "Armando Ojea deja su acta como diputado provincial para ser candidato a las elecciones gallegas". La Región. Consultado o 2024-2-19. 
  10. Europa Press (2019-6-20). "Las juventudes del PSdeG piden la dimisión del edil de DO Armando Ojea, al que acusan de "tránsfobo"". Galicia Press. Consultado o 2024-2-19. 
  11. Redacción (2020-8-31). "La guerra abierta entre el alcalde Jácome y los cinco concejales críticos afronta una semana clave". Faro de Vigo. Consultado o 2024-2-19. 
  12. Europa Press (2023-8-28). "Ediles críticos de Democracia Ourensana denuncian al alcalde ante Fiscalía y dimite el concejal de Cultura". Consultado o 2024-2-19. 
  13. Redacción (2020-8-30). ""Jácome tiene que irse, nosotros aceptaríamos un alcalde del PP"". Faro de Vigo. Consultado o 2024-2-19. 
  14. R.C. (2020-8-31). "Miguel Caride dimite como portavoz municipal de Democracia Ourensana". Faro de Vigo. Consultado o 2024-2-19. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar