Arie de Jong

esgrimista neerlandés

Adrianus Egbert Willem de Jong, máis coñecido como Arie de Jong, nado en Plantungan (Indias Orientais Neerlandesas) o 21 de xuño de 1882 e finado na Haia o 23 de decembro de 1966, foi un militar e tirador de esgrima neerlandés, gañador de cinco medallas olímpicas.

Arie de Jong
Nacemento21 de xuño de 1882
Lugar de nacementoPlantungan
Falecemento23 de decembro de 1966
Lugar de falecementoA Haia
NacionalidadeReino dos Países Baixos
Alma máterCadettenschool e Koninklijke Militaire Academie
Ocupaciónesgrimista e oficial
PremiosKnight of the Order of Orange-Nassau, Officers' Cross, Ofiacial da Orde das Palmas Académicas e Participation Medal 1912 Olympic Games
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Oficial profesional, foi un dos grandes tiradores de esgrima. En 1906 participou nos Xogos Intercalados sen lograr medalla, o mesmo ca nos Xogos Olímpicos de 1908. Nos Xogos Olímpicos de 1912 logrou medallas de bronce en sabre e espada por equipos. Nos Xogos Olímpicos de 1920 foi medalla de bronce en sabre individual e por equipos e nos Xogos Olímpicos de 1924 foi de novo bronce en sabre por equipos.

Ao longo da súa carreira gañou 18 títulos nacionais (entre 1910 e 1928), 2 campionatos de Europa (1922 e 1923) e gañou a proba de espada no Campionato Mundial Militar de 1936.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar