Apoloxía (Platón)

A Apoloxía de Sócrates é unha obra de Platón na que dá unha versión do discurso que pronunciou Sócrates como defensa ante o tribunal ateniense no xuízo no cal foi acusado de perverter os mozos e de non crer nos deuses da polis.

A morte de Sócrates de Jacques-Louis David.

Aínda que a súa data exacta é incerta, o texto pertence ao ciclo platónico das primeiras obras chamadas "socráticas" que Platón escribiu na súa mocidade; pensase que foi unha das súa primeiras obras.

Argumento editar

Na obra narrase o xuízo no que tiña que estar presente Sócrates para mostrar a súa inocencia por graves acusacións. A obra estruturase en tres partes onde vai explicando cada acto e cada cousa que pasa ao longo do xuízo.

Primeira parte editar

Sócrates antes de que comece o tribunal advirte que non vai utilizar palabras para convencelos senón que dirá toda a verdade e non como farían outras persoas. Sócrates empeza por deixar claro que é mentira o que os seus acusadores dixeron del e que na súa defensa sempre dirá a verdade.

Durante o xuízo explica e relata como será o desenvolvemento dos interrogatorios na súa defensa: en primeiro lugar respondera ás primeiras acusacións falsas, a continuación aos seus primeiros acusadores, e por último respondera ás acusacións máis recentes.

Antes de que de comezo fai unha diferenza, porque explica que os seus acusadores o acusan dende moito tempo atrás e que aínda que non teñan dito nada, ten na súa contra aos que o critican dende sempre, senón que ademais deles tamén están decididos a poñer en contra as demais persoas contándolles que Sócrates non cre nin creu nos deuses. A continuación menta as principais persoas que o acusan: Melito, Anito e Licon[1] eles representan os poetas artífices. Despois continua dicindo que é acusado por máis persoas pero neste caso non sabe quen son xa que non se deron a coñecer a excepción dun certo autor de comedias[2]. Sócrates ponse a dialogar cos seus xuíces co motivo da súa acusación cando lle preguntan por que é acusado. A contestación a esta pregunta é que o acusan por ser odiado, porque é un home moi sabio e non existe outro máis sabio ca el no mundo, é dicir, non o saben valorar porque el só fala para dicir verdades nunca mentiras. Cando Sócrates se defende atacando os seus difamadores, acusa a Melito de mentireiro, de petulante e de insolente. Sócrates empeza a facer preguntas a Melito para poder demostrar que está mentindo e que o único propósito que ten é poñer en contra os outros insistíndolles en que non cre en ningunha clase de deuses[3]. Segue dicindo que a acusación de que no cre nos deuses é falsa xa que fai que Melito acepte que el, é dicir Sócrates, cre nos Daimones (un tipo de relixión) polo tanto é falsa a acusación contra el. Sócrates segue dicindo que ten un montón de persoas que están en contra súa, e que os sustentan. E iso é o que motivara a súa condena[4]. Logo de acabar demostrando o que pensa e acabar de explicar todo o que lle preguntan, diríxese ao xuíz dicíndolle que non ten pensado facer ningún numeriño chorando nin chamar a ningún dos seus fillos para que declaren a verdade, pois el non ten medo a morte e cumprirá todos os cargos que se lle imputen e confiará na súa sólida argumentación e na verdade para gañarse o veredicto, en cambio, o xuíz declárao culpable por 281 votos a 220.

Segunda parte editar

Sócrates acepta a súa condena pero parécelle estraño xa que esperaba ser condenado por máis votos na súa contra e non só por tan pouca diferenza como a de 30 votos.

Nesa época, cando un acusado era considerado culpable e o acusador pedía en contra del a pena da morte, a lei permitíalle ao acusado condenarse a si mesmo a unha destas tres penas: prisión perpetua, multa ou desterro[5]. Segundo Xenofonte non se condenou el mesmo e tampouco deixou que os seus amigos o condenasen xa que recoñecía a culpa[6]. Descarta o desterro e considera unha multa de 30 minas, que é o que os seus amigos poden pagar, pero o xurado non o aceptará por consideralo unha suma moi pequena comparada co castigo imposto. A pena de morte é imposta e ese é o seu castigo.

Terceira parte editar

Cando xa esta decidido todo o xuízo, Sócrates dirixísese aos que o condenaron e dilles que serán castigados, que terán un gran número de censores aos quen el contiña; tamén menciona que matando xente para que non lles censuren as súas malas vidas, non é unha forma honesta de desembarazarse dos censores. É mellor esforzarse en ser máis virtuoso.

Dirixísese despois aos que o absolveron e chámaos Xuíces, e dilles que non deben temer a morte, que a morte non é un mal, senón un ben. Logo despídese para sempre dos seus seres queridos e de toda a xente que o apoiou e sempre o intentaron axudar.

Notas editar

  1. Os últimos acusadores de Sócrates foron Anito, que morreu despois lapidado no Ponto, Licon, que sostivo a acusación, e Melito.
  2. Refírese a Aristófanes quen o ridiculizou en varias das súas obras.
  3. Aquí é onde Melito cae na súa contradición fundamental.
  4. Nesta frase pódese apreciar claramente como Sócrates sabía de antemán que ía ser condenado.
  5. Sócrates non caeu nesta trampa.
  6. En realidade esta tería sido a pena lóxica a que, probablemente, esperaban os acusadores. O que aconteceu foi que Sócrates, ao no humillarse ante os xuíces nin ante a acusación, fixo que todo o xuízo saíse fóra de control.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar